En Caamouco.Net

Resposta a Teresa (Seguranza Viaria (I))

Grazas amiga Teresa polo teu comentario. Ao revés que algúns (aos que me engado) tes a capacidade para en poucas palabras facer unha chea de preguntas que nesta entrada penso dar cumprida resposta:

Non son eu quen teño que propor solucións aos problemas. Todos e todas as veciñas de Ares elixiron democraticamente ás persoas que teñen que solucionalos. A esas persoas, que se presentaron voluntariamente para ocupar os cargos que carrean esas responsabilidades, pagámoslles  precisamente para iso.

Non é doado solucionar problemas agravados polas políticas urbanísticas practicadas durante máis de trinta anos. Pero compre lembrar que o Plan Xeral de Ordenación Urbana, anulado polo Tribunal Supremo, non preveu a creación de espazos para aparcamentos, zonas verdes, un ancho de rúas practicables… dentro da zona Urbana de Ares. A máis do anterior, non sei onde van as cesións de solo que dispoñía la Lei nin quen comprobou as aliñacións (véxase un exemplo no ultimo tramo da Rúa Santa Bárbara) ou mesmo as autorizacións de cambio de uso de garaxes para locais comerciais.

A día de hoxe non  hai outra alternativa a falta de prazas de aparcamento no centro de Ares que facelos soterrados. Pero a pregunta é si estamos dispostos a pagar por estacionar neles. Coido que temos que ir na procura de evitar a circulación polo casco urbano e facer un pobo transitable para os peóns.

PortadoSol_AlcampoNa imaxe se observa o que ocuparía o aparcamento de Alcampo se o sobrepoñemos sobre a zona. Toda a superficie que vemos é o que estamos dispostos a andar no aparcadoiro do supermercado, pero nembargante non o facemos en Ares.

Na actualidade todas as vías están deseñadas para favorecer a circulación rodada en detrimento dos peóns. As persoas con mobilidade reducida teñen impracticable o interior do casco urbano!.

Por último dicir que non estou de acordo coa sinalización viaria, e moito menos coa meirande parte dos pintados amarelos. Pero non podemos saltarnos as normas ao noso antollo. Podemos coincidir en que certas beiras non deben de estar pintadas de amarelo, pero si están debemos respectalas, cando menos, ata que academos que cambien de cor.

1 comment to Resposta a Teresa (Seguranza Viaria (I))

  • teresa

    Tienes razon,por aqui somos un poco anarquicos,en el raso no respetamos la dirección prohibida hasta las 11 de la mañana,después de esa hora si.

    Ahora me pongo frívola porque no hay que ser siempre tan serios…¿y esquivar peatones y coches? ¿y estar pendiente de los municipales? ¿y discutir por un aparcamiento?¿y que te llamen la atención porque alguien tenga que salir de su casa \"escorada\" a babor o a estribor? pequeñas emociones cotidianas…

    Y en serio, un alcalde con lo que se encuentra hace lo que puede, es dificil.
    un saludo

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*