En Caamouco.Net

Búnkering: unha marea negra silenciosa

barcogasofaA partires do vindeiro sábado unha gabarra e Cepsa, adxudicada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, subministrará combustible a buques en fondeo na Ría de Ares. Este servizo de búnker (ou búnkering) consiste na subministración de combustible a un buque, operación que puidera realizarse por canalización, aparato surtidor, camión -ou como neste caso- mediante unha gabarra. A gabarra ‘Monte Arucas’ fondeará preto do porto de Ares, cun ratio de bombeo de 600 metros cúbicos á hora para fueles e 250 metros cúbicos para gasóleo. Parece ser que hai 3 operadoras máis que están interesadas en prestar este servizo aos buques.

A pesares de que a empresa Cepsa afirma que dará prioridade á protección do medio, e que a gabarra dispón dun radar para a detección de residuos, defensas para a loita contra verteduras, e sistemas de bombeo e almacenamento para retiralos, o certo é que hai alto risco de fugas na operación de transvasamento que, de producirse, afectarán gravemente ao entorno natural.

O que un non acaba de entender é como alá por mediados de febreiro de 2007  o Partido Popular, por medio dos seus voceiros de Medio Ambiente e Fomento do seu Grupo parlamentar, María Teresa de Lara e Andrés Ayala, respectivamente, presentaran unha proposición non de Lei no Congreso, na que instan ao Goberno a esixir a adopción de medidas para a prohibición gradual de subministracións e carburantes e calquera tipo de trasfego a buques fondeados na Baía de Alxeciras, establecendo a obrigatoriedade de que estes se sitúen en diques ou atraques dispostos a tal fin.

Consonte ao anterior, o día 30 de novembro de 2012, o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto 1620/2012, de 30 de novembro, polo que se declara Zona Especial de Conservación o Lugar de Importancia Comunitaria É6120032 Estreito Oriental da rexión bioxeográfica mediterránea da Rede Natura 2000 e apróbanse as súas correspondentes medidas de conservación. (BOE do sábado 1 de decembro de 2012, Núm. 289). Neste Real Decreto, no seu punto 10, do Anexo I (Regulación de usos e actividades) se prohibe expresamente a práctica do búnkering.

Que intereses moverán ao Partido Popular para que promova na Ría de Ares unha actividade que considera prexudicial, ata o punto de prohibila, para a Baía de Alxeciras?.

Porque non se “copia e pega” o Real Decreto 1620/2012 e se lle aplica ao Lugar de Importancia Comunitaria Costa Ártabra (Lic Es 1110002)?

 A min que non me pregunten, eu sonlle de terra adentro.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*