En Caamouco.Net

Unha mácula

BrocaSinala M. France Irigoyen que por acoso no lugar de traballo hai que entender calquera manifestación dunha conduta abusiva e, especialmente, os comportamentos, palabras, actos, xestos e escritos que poidan atentar contra a personalidade, a dignidade ou a integridad física ou psíquica dun individuo, ou que poidan poñer en perigo o seu emprego, ou degradar o clima de traballo.

Para Piñuel, no seu “psicópata organizacional”,  poderíase tratar simplemente dun abuso de poder:  un superior -xeralmente directivo do sector medio- que fai un uso excesivo da súa posición xerárquica e acosa aos seus subordinados por medo a perder o control. Hai así mesmo manobras perversas de necesidade de esmagar aos demais co fin de destacarse, esnaquizando a un individuo ao que elixe como chivo expiatorio.

Creo que certas actitudes, de ser sofridas polas traballadoras municipais, poderían acaer nas definicións anteriores. Volveron as malas formas do pasado, ou ao peor é que nunca se foron. Se volve a gritar, insultar, degradar e menosprezar publicamente a traballadores, máis ben a traballadoras. O seu “super-ego”  é como un resplandor que obnubila a razón e os sentimentos, ante unha situación que non da controlado.

Despois chega a calma, e veñen as desculpas en privado. Pero o mal xa está feito. Ninguén pode crer nunhas desculpas duns feitos que volveranse a repetir sistematicamente

Xa hai algunha denuncia nos xulgados. Pero independentemente da tipificación xurídica, non se poden tolerar esas actitudes nun representante institucional. Non teñen cabida dentro dun demócrata e moito menos dun socialista. Tamén algo de complicidade terán os seus compañeiros de partido se non lle recriminan estas actitudes.

Unha mácula no seu resplandor na defensa das liberdades e dos oprimidos.

Unha mágoa.

X. Uño Capela

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*