En Caamouco.Net

Para cándo o Centro de Saúde? (2)

Recupero o artigosergas_atencion_primaria_800 de outubro de 2009, xa que seguen sen comezar as obras de ampliación do centro de Saúde. Se ben é certo que hai incumprimento por parte da Xunta (PP), non é menos certo que tamén hai complicidade do equipo de goberno do concello (PSOE). So así se explicarían as notas de prensa dende a Alcaldía na que se chegou a dicir que ían comezar as obras de adecuación no antigo concello para facer de consultorio provisional, para logo facer obras no edificio para darlles outro uso.

Ao final xa cantaba Julio Iglesias aquelo de que “La vida sigue igual ….”

Estamos en tempo de preparar as axendas do 2010. Tendo en conta que o Concello ten por costume encargar un lote delas, queríalles propor que na portada da mesma e xunto ao escudo, puxeran a frase “Centro de Saúde”. Deste xeito cada día que colleran a mesma lembrarían, uns e outros, da débeda electoral que contraeron coa veciñanza.

Despois de ver como nos viñan visitar conselleiros, directores xerais e demais persoeiros: nada de nada!. Certo que houbo consignación orzamentaria, pero nada de nada!.

Ata se chegou a  anunciar o traslado dos servizos médicos á antiga casa do concello. Pero, nada de nada!

E a miña pregunta é:

– Alguén pode dicir qué pasa coa ampliación do centro de saúde?

– A min que non me pregunten, eu estaba de paso!

Como xacomentei arriba isto foi en outubro de 2009, eu daquela estaba de paso.

Agora son outros os que se están pasando!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*