En Caamouco.Net

Botarlle a Oficina de Turismo á Chave

Oficina TurismoCando se goberna sen programa, a golpe de mata, e se ten como única finalidade ostentar o poder, sucede que a improvisación faise dona de todas as actuacións e o clientelismo aflora como a ferramenta máis acaída.

Lembremos o local preparado no seu día para Servizos Sociais, que logo houbo que volver a gastar cartos en adecualo para a Policía Local. O antigo edificio do Concello, que nun primeiro momento ía ser para facer de consultorio provisional en tanto se facían as obras de ampliación do Centro de Saúde, pasou por albergar a Policía Municipal, Protección Civil e algunha sociedade cultural, para logo volver a gastar cartos en adecualo para local da Terceira Idade.

A penúltima é a da caseta de turismo. Chegado este punto hai que lembrar os investimentos realizados cos cartos de todos e todas na promoción de Ares como destino turístico. En base a esta promoción se xustificou, e se pagou, o gasto dunha excursión de membros do grupo de goberno a FITUR así como os dunha promoción de turismo en Ponferrada.

Todo un recorrido para ao final ter a caseta da oficina de turismo pechada. E logo se estrañaran se algún mal pensado estende o rumor de que é unha manobra para que os visitantes se informen nas casetas das promotoras inmobiliarias. Pois non, o que pasa que é de máis utilidade usala como almacén dunha asociación de chave.

É criticable que toda a veciñanza teña que costear cunha suba de impostos as improvisacións dunha equipa de goberno que dilapida os cartos en sucesivas adecuacións de locais por mor dunha continua modificación do seu uso.

Sen embargo, non é unha mala actuación que o concello lles dote un local as asociacións deportivas e culturais asentadas en Ares, non. O que está mal é que todo isto se faga sen publicidade e fora da concorrencia competitiva que deberan presidir todas as subvencións.

Parece ser que hai carencia de coherencia e de transparencia, habería que sopesar se tamén de decencia?

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*