En Caamouco.Net

Cumprindo coa Lei?

legalO pasado 10 de agosto apareceu pendurada da páxina web do concello a nova de que “O Concello de Ares cumpre co obxectivo de estabilidade presupuestaria”. Deben de correr tempos peores que malos cando un concello anuncia a bombo e prato que está a cumprir coa Lei.

Baixo o titulo anterior se desenvolve a gran noticia de que o concello cumpre coa estabilidade presupostaria e tamén co obxectivo de sostibilidade financieira. En resume, que ante os datos remitidos ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o citado organismo di que se está a cumprir coa Lei.

Parece que queren agochar con esta noticia a realidade económica, que non ven ser outra que temos unha débeda cos bancos de 3.808,97 euros, dos que imos ter que pagar este ano de 2015 uns 670.00 euros, cantidade que duplica o que imos dedicar neste exercicio en investimentos reais.

Tampouco nos informan de que este concello pagou no último trimestre o 73,27% da súa facturación fóra do prazo legal, e que nos aplicaron o 10% de IVE á taxa de sumidoiros dende o 2014, cando estamos exentos dela.

Xa dicían os máis vellos aquilo de di do que presumes e direi do que careces …

E xa postos, a que se deberá a demora na actualización da páxina web do concello no referente aos novos membros da Corporación e aos Grupos municipais?

Iremos vendo…

1 comment to Cumprindo coa Lei?

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*