En Caamouco.Net

PXOM: A vida segue igual …

PXOM_001O pasado día 3 de abril rematou a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas por ter transcorrido o prazo máximo de dous anos que establece a Lei.

Nada se sabe das máis de 600 reclamacións que os veciños e veciñas de Ares teñen presentado e nada se sabe do seu estado de tramitación.

O Concello segue sen planeamento urbanístico, e van xa trece anos, dende que o Tribunal Supremo anulase o PXOM no 2003 ao confirmar a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Moitas foron as promesas, pero a realidade é que temos a dubidosa honra de ser un dos 42 concellos de Galicia que estamos sen planeamento.

O 19 de marzo de 2016 entrou en vigor a nova Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia co que ao noso Concello elle de aplicación o réxime de solo rústico establecido nesa lei, co que unicamente poderá edificarse nos terreos que merezan a condición de solo urbano consolidado, definidos como aqueles integrado polos terreos que reúnan a condición de soar ou que, polo seu grao de urbanización efectiva e asumida polo planeamento urbanístico, poidan adquirir a dita condición mediante obras accesorias e de escasa entidade que poidan executarse simultaneamente coas de edificación. No entanto, as delimitacións de núcleo rural manterán a súa vixencia.

Estamos pois no punto de partida de 2003: aplicación das Normas subsidiarias adaptadas á nova Lei. Foron O Sr. Alcalde e as concelleiras e concelleiros que o sustentan os que propiciaron esta situación, paralizando a tramitación do Plan ao non contestar as alegacións presentadas.

A pregunta está servida. Unha vez que este proceso non beneficiou á veciñanza, quen quitou proveito de todo isto?

  • O Sr. Alcalde, que nomeando ao ex-voceiro do PP e contratando como persoal de confianza ao que fora responsábel de urbanismo, tamén do PP, se asegurou o seu mandato.
  • Os membros de NAL que se aseguraron unhas retribucións non inferiores a 1.200 euros ao mes.
  • A empresa redactora do PLAN, que cobrou ou cobrará por un traballo que xa estaba practicamente realizado, proba diso foi que a cartografía e catálogos estaban caducos.

Chegado este punto, hai que facer mención tamén aos que se presentaron ás eleccións falando “dun xeito de gobernar para cambialo todo” xa que na coa súa práctica de integrarse no goberno municipal son cómplices da situación creada e partícipes de non contestar ás alegacións da veciñanza e retrasar a aprobación do Plan.

Son eses mesmos que prometeron como propostas prioritarias “Realizar, o PXOM, con procesos transparentes e participativos, evitando a especulación, incentivando a recuperación dos núcleos históricos”. Se teñen difícil explicar que é o que entenden por transparentes e participativos, poderían comezar por esixir, ao Alcalde que sustentan, a publicación das actas de tódalas reunións que a Comisión para o Impulso do PXOM dixo realizar, e polas que sempre se cobraron indemnización por asistencia. Se as retribución fosen por obxectivos, deberían devolver os cartos.

Xa o dicía Julio Iglesias …. a vida segue igual …

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*