En Caamouco.Net

Público ou Pubiano?

amo proteccHai quen confunde o público co pubiano. Así aconteceu cando o noso Sr. Alcalde ditou resolución pola que se autorizaba o pagamento dun curso realizado por el mesmo, no que se podía ler “Curso de liderazgo púbico”. As 1.500 euros da matrícula houbo que engadirlle o aboamento polos desprazamentos e dietas a Madrid.

Parece ser que despois da renuncia á dedicación exclusiva da Alcaldía non lle saen as contas. Non lle chegan os cartos do seu salario de profesor e as indemnizacións que cobra por asistencia a cada reunión do Concello. Pintaban mal as cousas xa que os da nova política prometeran baixarse as percepcións por desempeño de cargo público. Pero isto durou ata que alguén tivo a solución: aumentar o número de reunións da Xunta de Goberno ao mes, de catro pasan a cinco, unha suba de máis de 200 euros ao mes para cada un dos seus integrantes que non cobren dedicación exclusiva.

Unha vez que isto non alporizou aos veciños e veciñas a ocasión non se fixo esperar. Por que non usar para  os seus desprazamentos, tamén para os particulares,  un coche dos que tiñan como finalidade ser usados por protección civil?. Meu dito, meu feito.

É así como cos nosos impostos estamos a subvencionar tanto os desprazamentos do Sr. Alcalde á universidade como aqueles outros privados que lle pete realizar.

Onde están os que dixeron presentarse ás eleccións municipais para cambialo todo?

A min que non me pregunten, eu sigo a estar na oposición.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*