En Caamouco.Net

Mala zorra!

guia_bo exposaCando un escoita insultos como os proferidos por una concelleira do PP como “mala zorra”, “sinvergüenza”, “menuda furcia” o “hija de puta” me veñen a cabeza recordos dunha nenez, nas que as mulleres nacían coa condena de ser “menores de idade”.

Sempre sometidas, estando permitido socialmente usar a violencia para ilo, a “protección do varón”. Cando era solteira estaba baixo a tutela do pai ou irmán, e cando casaba quedaba sometida ao seu cónxuxe. Tiña que pedir permiso para traballar –fora do fogar-, para ter unha actividade económica ou mesmo para abrir unha conta bancaria. Certamente o mellor  que lle podía pasar era quedar viúva.

Dicía que me viñan recordos da nenez, porque lembro que bastantes mulleres do meu entorno sufrían “caídas e empurraban contra portas e mobles” coincidindo coa chegada dos seus homes, a sazón embarcados na pesca de altura. Claro está que non só lle pasaba isto ás mulleres dos mariñeiros, pero a coincidencia temporal nestes casos era manifesta.

As institucións do nacional-catolicismo, non era que mirasen para outro lado, senón que tiñan ideoloxicamente instalado no seu ADN a escravización social da muller. A formación “no espírito nacional” máis que sexista era misóxina.

Legado da nosa historia nos queda unha semántica recollida ata fai ben pouco nos dicionarios, así:

Un home público (cargo de honra e distinción)  – Unha muller pública (unha prostituta)

Un Zorro (home listo e habilidoso) – Unha zorra (unha prostituta)

Un Lobo (home hábil e valente) – Unha loba (muller de malas artes e mañas)

Un golfo (pillabán) – Unha golfa (unha prostituta)

A todo isto habería que engadir os distintos significados das profesións en masculino e feminino:

Un alcalde (rexedor dun concello) – Alcaldesa ( muller do alcalde)

Un Modisto (deseñador alta costura) – Unha modista (cortadora-cosedora de roupa)

Retomando o tema dos insultos da concelleira, como sabedes unha xuíza ven de decretar o arquivo provisional das dilixencias abertas pola fiscalía por tales manifestacións. Non sei se me anoxa máis a xustificación que da a xuíza: “las expresiones denunciadas […] han sido vertidas en el ejercicio del derecho de libertad de expresión», de tal modo que los insultos no debieran extrapolarse del concreto ámbito en el que se realizan” ou o feito de que fose unha muller quen ditou o arquivo.

Son pequenas accións pero que significan grandes pasos para atrás na loita pola igualdade do xénero humano.

Maldita cabrona!

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*