En Caamouco.Net

Ésta vaise, aquel vaise….

EstavaiseArtigo de opinión de Manuel R. Doval publicado na Voz de Galicia o 29-08-2016.

A información deste xornal do dia 26 recollía —136 anos apos do que escrebera Rosalía— a crítica realidade dunha comarca que vai desangrándose pola fuxida -nomeadamente, da mocidade derivada da falla de saídas laborais. As cifras revelan que a poboación expulsada —con rostro maioritario de muller— dos concellos da comarca e superior a que conforman actualmente os de Ares, Mugardos e Neda; pero incrementase se engadimos as persoas que manteñen o censo nos concellos de orixe, por mais que estean na procura de saídas laborais noutras zonas do Estado. E hai aínda quen pensa —a comezar polo «goberno» galego —que o fenómeno da emigración xuvenil e unha «oportunidade para coñecer novas realidades, culturas e idiomas», presentando esperpénticas campañas de fomento da natalidade; en troques de atallar as razóns que motivan esta situación; que non son outras que o desmantelamento progresivo dos nosos sectores produtivos, a comezar polo naval, e continuando co gandeiro, os servizos públicos ou o mar. Marchan xeracións das persoas mellor formadas que serian quen poderían garantir —en termos económicos e caso de estar activas laboralmente— o benestar de quen as precederon. Mesmo tentan convencernos que hai que resignarse, que son os novos tempos… Pois eu —tamén pai dunha moza que, coma outras, tiveron que marchar na procura do que aquí lles e negado— prefiro ficar de fatalista, que xogar ao papanatismo posibilista de quen predica que uns contratos resolven o emprego e o futuro da comarca. A economía e o emprego defendese con medidas estruturais, non con propaganda; e menos se e obscenamente enganosa….

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*