En Caamouco.Net

O Concello de Ares non cumpre coa Lei.

MEDOO título ven dado polo anuncio publicado o día 10 de agosto de 2015 na páxina web do concello de Ares, na que se dicía textualmente que: O Concello de Ares cumpre co obxectivo de estabilidade presupuestaria.

Isto que xa fora obxecto dunha entrada neste blog, (http://oferrado.caamouco.net/archives/882), dada a nova noticia de que o concello incumpriu a regra de gasto nos orzamentos de 2015, merece un novo comentario.

A páxina web do concello segue a ser o NODO particular do Sr, Alcalde, nada cambiou, A entrada no goberno da “nova política” que ían a cambialo todo deben estarse a preocupar máis pola súa dedicación económica-exclusiva que por mudar todo aquilo que prometeran.

A información pendurada está obsoleta, nin informacións orzamentarias, nin actas-videos dos plenos, nin sequera a a nova composición da Xunta de Goberno, Só se publica a propaganda institucional e algún evento reeditado dos medios de comunicación.

Pero, ao que íamos. Agora resulta que o concello non cumpriu no exercicio de 2015 coa Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, concretamente coa regra de gasto. Tanto  inchar peito, a estas alturas do ano pasado, para agora facer mutis por el forro.

A débeda viva (a que debemos a bancos) reflectía a 31-12-2015 un saldo de 3.582.776,19 €., máis de 623 euros por habitante. Este ven a ser outro dato do que non queren falar xa que é a principal orixe da forte presión tributaria á que nos ten sometido a facenda local.

O incumprido polo concello, a regra de gasto, ven a ser unha limitación, para tódalas administracións públicas, á variación do gasto computable, xa que –segundo esta regra- esta variación non poderá superar a taxa de referencia de crecemento do Produto Interior Bruto de medio prazo da economía española.

Este é un concepto que foi introducido polo artigo 12 da Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira (O 2/2012, do 27 de abril). Esixe ás entidades locais a mesma obrigación que a Unión Europea vén esixindo ao Estado; isto é, aprobar todos os anos un teito de gasto non financeiro, e verificar que cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria e coa regra do gasto.

Neste sentido, establece que as entidades locais deberán aprobar un límite máximo de gasto non financeiro, coherente cos obxectivos de estabilidade orzamentaria (0 % de déficit para 2013-2015) e a regra de gasto (1,7 %, 1,7 % e 2 % respectivamente), que marcará o teito de asignación de recursos dos seus orzamentos

A fórmula par o cálculo da taxa de variación do gasto computable dun exercicio é a seguinte:

Taxa variación  (%) = ( Gasto *computable ano n -1 ) * 100
Gasto *computable ano n-1

Para os Concellos o gasto computable se obterá

  • Sumando os gastos dos capítulos 1 a 7 do Orzamento de gastos, tendo en conta que, no caso do capítulo 3 Gastos Financeiros, unicamente incluiranse os gastos de emisión, formalización, modificación e cancelación de préstamos, débedas e outras operacións financeiras, así como os gastos por execución de avales.
  • Restando a parte do gasto financiado con fondos finalistas da Unión Europea e doutras Administracións públicas.

Aplicando o anterior, facemos os cálculos do límite de gasto:

Axustes SEC 2014 2015
Liquidación capítulos I, II, IV a VII 4.594.353,52 € 5.218.170,20 €
Conta 413
acreedores por operacións pendentes de aplicar
-70.540,61 € -71.141,66 €
Arrendamento financeiro -Leasing
Subvención
FEADER-Unión Europea
-41.659,98 € -94.360,91 €
TOTAL 4.482.152,93 € 5.052.667,63 €
Tasa de variación gasto computable
(1,3%) (+)
58.267,98 €
Límite da Regra de Gasto 4.540.420,91 €

 

INCUMPRIMENTO DA REGRA DEL GASTO:

4.540.420,91 € – 5.052.667,63 € :  – 512.246,71 €

Pois o dito, para inchar o peito ….

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*