En Caamouco.Net

Homenaxe: Rescate do anonimato.

OuteiroO Centro Cultural “Outeiro” de Chanteiro ven de facer unha homenaxe aos seus socio fundadores. Ata aquí podería parecer unha homenaxe das moitas que a cotío se celebran nas sociedades da nosa contorna, pero vexo necesario recordar un pouco desa historia, próxima en canto aos intérpretes e afastada na nosa memoria colectiva.

Foi o 26 de outubro de 1969 cando un grupo de veciños se xuntaron no campo do Outeiro (Chanteiro) e tomaron o acordo de nomear unha “Comisión Organizadora” para realizar os primeiros trámites para constituír unha sociedade en Chanteiro, que sería a encargada de construír un local para dedicalo a “actividades educativo-civicas-recreativas en beneficio dos veciños de Chanteiro”.

Salientar ao benefactor, D, Agustín Pena, que doou os terreos. A súa intención primeira foi doar o campo do Outeiro ao concello para que este construíra unhas escolas. Despois de que os terreos non se puideron dedicar a este fin, xa que eran tempos da implantación da EXB que deseñou a construción das escolas unitarias, e ante a petición dos veciños, este emigrante non puxo ningún obstáculo para que fosen destinados a aquel outro fin.

Formaron pois a primeira Comisión Organizadora como Presidente.- Manuel Doval Grela; Secretario.- Roberto Mayobre Rebón; Tesoureiro.- Juan Severino Rodríguez Sánchez; Vogal asesor da construción.- José Ramón Coira Mayobre; Vogal primeiro.- Manuel Doce Rodeiro; Vogal segundo.- Eugenio Gómez Rebón; e Vogal cuarto.- Francisco Rodríguez Rebón.

Con esta Comisión á fronte, arredor de 100 socios decidiron aportar 50 ptas. (0.30 €) ao mes. Para facernos unha idea aproximada do que representaba, dicir que no 1970 o salario mínimo estaba en 3.600 ptas. (21.64 €). Como era tempo de escaseza, e os cartos foron para arquitecto e materiais, acordaron tamén ir traballar os festivos. Para ilo organizáronse quendas de traballo penalizando economicamente a quen non asistía, como quedou reflectido nos libros que conserva o Centro Cultural.

A finais de 1975, ante a carencia de recursos económicos, faise un chamado a tódolos veciños e petan nas portas das institucións da época (Concello, Deputación, Fundación Barrié de la Maza e a Delegación do Ministerio de Información e Turismo).

Na primavera de 1978, e para dar fin á obra, se toma a decisión de solicitar socios voluntarios que poidan prestar a cantidade que boamente decidan, cantidade que sería reembolsada sen xuros polo Centro Cultural na medida da súa posibilidade económica. A este chamado se anotan os seguintes socios: Juan José Cabido Lorenzo (10.000 ptas.); Nicanor Cartelle Rebón (8.000 ptas.); José Ramón Coira Mayobre (10.000 ptas.); Juan Manuel Doval Grela (10.000 ptas.); Francisco Eytor Mayobre (10.000 ptas.); José Fernández Pego (5.000 ptas.); Antonio Martínez Fernández (10.000 ptas.); Roberto Mayobre Rebon (5.000 ptas.); Daniel Noya Corral (5.000 ptas.); Benito Rodríguez (5.000 ptas.); Carlos Rodríguez Cartelle (10.000 ptas.); Gerardo Rodríguez Pérez (5.000 ptas.); Francisco Rodríguez Rebón (10.000 ptas.); Severino Rodríguez Sánchez (10.000 ptas.); Agustín Sánchez Cartelle (5.000 ptas.); Lisardo Pego Mayobre (10.000 ptas.); José Peinado Rey (10.000 ptas.); Glicerio Peinado Rey (10.000 ptas.); Daniel Pérez Martínez (10.000 ptas.); Arsenio Pernas Vergara (10.000 ptas.); Juan Toimil Lamas (3.000 ptas.); Avelino Vilar Ameijeiras (3.000 ptas.); e un donativo sen devolución de Jesús Corzo Sierra (5.000 ptas.). Para ter unha referencia do esforzo económico realizado polos socios lembrar que o salario mínimo estaba en 1978 en 18.000 ptas.

A primeira Xunta Directiva do Centro Cultural “Outeiro” de Chanteiro foi elixida o 28 e abril de 1979 e quedou composta polos seguintes socios: Presidente.- Manuel Doval Grela; Vicepresidente.- Juan Severino Rodríguez Sánchez; Secretario.- Roberto Mayobre Rebón; Vicesecretario.- Juan José Rodríguez Pérez; Tesoureiro.- José Luís Cartelle González; Vogais: Gerardo Seijo Pereira, Francisco Rodríguez Rebón, Manuel Doce Rodeiro, Gerardo Rodríguez Pérez e Juan Antonio Martínez Fernandez.

E despois de moitas vicisitudes chegou o día 1 de decembro de 1979, no que se inaugurou o local, acto ao que non faltaron as autoridades civís e eclesiásticas da época.

Foi intención desta entrada sacar do anonimato a aquelas persoas que tanto fixeron pola súa colectividade e que caeron no esquecemento. Noraboa á nova Xunta Directiva do “Outeiro” por esta iniciativa.

Meu máis sincero agradecemento.


FONTES: Toda a información foi recollida do Bog de ROMAYO “A Voz de Chanteiro”.

http://chanteiro.blogspot.com.es/2016/07/homenaxe-aos-membros-fundadores-do.html#!/tcmbck

 

1 comment to Homenaxe: Rescate do anonimato.

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*