En Caamouco.Net

Endebedamento

billetes_euroVéñense de publicar polo Ministerio de Economía e Facenda os datos de endebedamento das entidades locais do estado no exercicio de 2008. O noso Concello ten contraída unha débeda de 2 millóns 350 mil euros, o que pasado en pesetas supera os 391 millóns. Dividindo a débeda entre os habitantes nos sae que cada un ou unha de nos debe 413,58 euros.

Moito ou pouco?. Cada quen terá a súa opinión pero estas cifras nos sitúan no posto 6 dos 95 concellos da provincia, no posto 19 dos 315 de Galicia e no posto 1470 dos 8113 concellos do estado.

Seguindo a facer contas, resulta que a media da provincia de endebedamento é de 252,10 euros/habitante y a de Galicia 228,80. superamos nun 64 % a media da provincia e un 80 % a de Galicia.

Temos unha vías de comunicación deterioradas, un servizos de fornecemento de auga e sumidoiros lamentables.

A construción inmobiliaria dou  uns ingresos extraordinarios na facenda local. Os impostos e taxas que nos aplican son lixeiramente superiores aos aplicados noutros lugares.

Entón cal é a orixe desta débeda?

–         A min que non me pregunten, eu sonlle de letras

1 comment to Endebedamento

  • Aresana

    Muy buena pregunta para D. Julio:
    ¿en que se ha invertido para llegar hasta esa deuda?

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*