En Caamouco.Net

Transparencia ou Trampares?

transparesHoxe toca falar de transparencia, neste concello con isto do Plan de Axuste económico deberon confundir aquilo de transparencia con TRAMPArencia.

Na páxina web do concello non hai información algunha sobre os Órganos de goberno, sobre os orzamentos, … e o ultimo Pleno publicado é do mes de xuño de 2015.

Non vou reproducir aquilo que prometeran, nos seus programas electorais, os dous partidos “de esquerdas” que forman parte do Goberno municipal cando se presentaron ás eleccións locais, nos que prometían unha política de participación e información cidadá. Algún ata chegou a prometer a participación da cidadanía nos Plenos “cun horario a partir das 19:00 horas e retornar a transparencia e visibilidade dos servizos municipais”.

Claro que isto prometía un membro do Goberno cando non era tal, e tiña que ir traballar á súa empresa. Agora que cobra por ir ao Concello debe pensar que nada mellor que facer os Plenos dentro da súa nova xornada de traballo. O dito prometer, prometer… ata ter un soldiño, logo de ter o soldiño… nada do prometido.

Hai que recoñecerlles aos outros partidos conformantes do Goberno municipal a súa clareza de ideas sobre o tema. Nada que dicir, canta menos información mellor, a quen lle preocupa a subvención ao Dominó?.

Non sei se sabiades que temos un Portal Municipal de Transparencia, pero é tal a transparencia que non hai ningunha información pendurada. Isto é o que nos ofrece o Portal (http://ares.sedelectronica.es/transparency/)

Documento

  1. INSTITUCIONAL_INSTITUCIONAL ( 0 )
  2. NORMATIVA_NORMATIVA ( 0 )
  3. ECONÓMICA_ECONÓMICA ( 0 )
  4. AXUDAS E SUBVENCIÓNS_AYUDAS Y SUBVENCIONES ( 0 )
  5. PATRIMONIO_PATRIMONIO ( 0 )
  6. CONTRATACIÓN_CONTRATACIÓN ( 0 )
  7. URBANISMO, OBRAS PÚBLICAS E AMBIENTE_URBANISMO, OBRAS PÚBLICAS Y MEDIO AMBIENTE ( 0 )
  8. INFORMACIÓN E ATENCIÓN AO CIDADÁN_INFORMACIÓN Y ATENCIÓN AL CIUDADANO ( 0 )

tramparencia

A Disposición derradeira novena (Entrada en vigor) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno establecía que “unha vez aprobada a Lei os órganos das comunidades autónomas e entidades locais dispoñerán dun prazo máximo de dous anos para se adaptaren ás obrigas contidas nesta lei”. Pois parece que tamén aquí chegamos tarde. Tanto criticar a Lei por ser raquítica, carente de contido, que non ía resolver os problemas de financiamento ilegal dos partidos políticos, etc, etc, e agora vai ser que nin esa Lei se quere cumprir.

A modo de recordo, reproducir algunhas disposicións da Lei:

No seu Artigo 8.1 (Información económica, orzamentaria e estatística) dispón que  os suxeitos incluídos no ámbito de aplicación deste título deberán facer pública, como mínimo, a información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica ou orzamentaria que se indican a seguir:

  1. Todos os contratos, con indicación do obxecto, duración, o importe de licitación e de adxudicación, o procedemento utilizado para a súa celebración, os instrumentos a través dos cales, se é o caso, se publicitou, o número de licitadores participantes no procedemento e a identidade do adxudicatario, así como as modificacións do contrato. Igualmente serán obxecto de publicación as decisións de desistencia e renuncia dos contratos. A publicación da información relativa aos contratos menores poderase realizar trimestralmente.

Así mesmo, publicaranse datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario de contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

  1. A relación dos convenios subscritos, con mención das partes asinantes, o seu obxecto, prazo de duración, modificacións realizadas, obrigados á realización das prestacións e, se é o caso, as obrigas económicas convidas. Igualmente, publicaranse as encomendas de xestión que se asinen, con indicación do seu obxecto, orzamento, duración, obrigas económicas e as subcontratacións que se realicen, con mención dos adxudicatarios, procedemento seguido para a adxudicación e importe desta.
  2. As subvencións e axudas públicas concedidas, con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade e beneficiarios.
  3. Os orzamentos, con descrición das principais partidas orzamentarias e información actualizada e comprensible sobre o seu estado de execución e sobre o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira das administracións públicas.
  4. As contas anuais que se deban render e os informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de control externo que se emitan sobre eles.
  5. As retribucións percibidas anualmente polos altos cargos e máximos responsables das entidades incluídas no ámbito da aplicación deste título. Igualmente, faranse públicas as indemnizacións percibidas, se for o caso, con ocasión do abandono do cargo.
  6. As resolucións de autorización ou recoñecemento de compatibilidade que afecten os empregados públicos, así como as que autoricen o exercicio de actividade privada no momento do cesamento dos altos cargos da Administración xeral do Estado ou asimilados, segundo a normativa autonómica ou local.
  7. As declaracións anuais de bens e actividades dos representantes locais, nos termos previstos na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Cando o regulamento non fixe os termos en que se deben facer públicas estas declaracións, aplicarase o disposto na normativa de conflitos de intereses no ámbito da Administración xeral do Estado. En todo caso, omitiranse os datos relativos á localización concreta dos bens inmobles e garantirase a privacidade e seguridade dos seus titulares.
  8. A información estatística necesaria para valorar o grao de cumprimento e calidade dos servizos públicos que sexan da súa competencia, nos termos que defina cada administración competente.

Remata o artigo co punto 3: As administracións públicas publicarán a relación dos bens inmobles que sexan da súa propiedade ou sobre os cales posúan algún dereito real.

Temos unha morea de páxinas web oficiais do concello, pero funcionan igual que aquel documental semanal de obrigada difusión nos cines da época. Como se pode comprobar se están a utilizar para pouco máis que sacer a noticia da súa implantación, e baste como proba disto a desactualización xeral de todas, pero especialmente do Portal dixital, no que os anuncios expostos son de fai máis de 2 anos.

Este Goberno municipal moi dado a poñer o sufixo de Ares as actos que organiza non debería de perder a oportunidade de mudar o nome de Portal de Transparencia polo de Portal de TRAMPAres,

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*