En Caamouco.Net

A autoridade do Axente

Un nunca pode dpoli_miliicir que nesta vida xa veu de todo. Neste concello, no que os gobernantes nos deleitan cada mañá cun despropósito maior que o do día anterior, creo que estamos asistindo ao cume da perplexidade.

Estoume a referir de como é posible ver de servizo a un axente da Policía local de Ares, condenado polo Xulgado en xullo de 2016 polos feitos publicados en novembro de 2015, na practica totalidade dos medios de comunicación, informando de que un axente de policía local era detido por difundir fotos de compañeiras nos vestiarios.

Ante a alarma social creada pola noticia, o Sr. Alcalde publicaba un “facía saber” no que textualmente dicía que “… gustaríame comentarvos, como servidor voso que son, o seguinte:

Trátase duns acontecementos moi tristes que afectan ao dereito á intimidade e á propia imaxe das persoas, que xa están baixo investigación policial e xudicial, sobre os cales só podo informarvos das actuacións administrativas que me competen como Alcalde e que, trala presentación dun informe por parte do xefe da Policía local alertando sobre os mesmos, cuxa profesionalidade no cumprimento do seu deber quero destacar e agradecer, consistiron na apertura dun expediente informativo pola miña banda que, en todo caso, ten que respectar á investigación policial e xudicial aberta xa que, en última instancia, compete en exclusiva á autoridade xudicial a competencia para depurar a posible, e de momento só presunta, responsabilidade penal a que devanditos feitos puidesen dar lugar”.

O Xulgado en data de 27 de xullo ditou sentenza condenatoria, parece ser que coas conformidades do condenado e acusacións, polo que sería firme sen posibilidade de apelación. Coñecida esta, hai unha resolución da Alcaldía o día 12 de agosto, asinada polo alcalde accidental ao estar o titular de vacacións, no que se solicita “… que polo Secretario municipal se emita informe xurídico sobre a sentenza aportada e as consecuencias derivadas da mesma no orde administrativo”.

Non se sabe que pasou co expediente informativo que dixera abrir o Sr. Alcalde. O lóxico sería que este informe formase parte do citado expediente, informe que por certo, se lle manda facer ao instrutor do expediente. Mal deben pintar as cousas.

A alarma creada con certos tipos delituosos, levou a que os lexisladores estableceran que “será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, o non ser condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para ese efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais”.

Parece que esta sensibilidade non chegou ao Grupo de Goberno. Opino que o Sr. Alcalde non debería de gastar os cartos de todos e todas nun curso de “Liderazgo público” e debería de matricularse, xunto co resto de concelleiros e concelleiras da Comisión de Goberno, ás xornadas que sobre violencia de xénero organizan dende o Concello.

O certo é que o axente está incorporado ao servizo da Policía Local, e ante a alarma social creada na veciñanza faise necesaria unha explicación do porqué.

Tampouco aquí parece notarse a entrada no goberno das “novas políticas para cambialo todo”. En resumo, menos xestos á galería e máis feitos e compromiso.

 

 

 

 

 

 

Leave a Reply

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

  

  

  

*