En Caamouco.Net

E … a culpa de que é?

Hai quen está tan acostumado a escoitarse a si mesmo, que acaba crendo que todo o que lle pasa pola súa testa é certo e esta a ocorrer.

Erra!, pero dálle igual. O primordial ven ser buscar a alguén a quen botarlle as culpas. Non lle importa nada  máis que salvar a súa imaxe.

E claro, a realidade é teimuda. Agora problema é a ampliación do colexio, maña será outro. Mais a preocupación será atopar a quen culpar da situación. Ler Máis E … a culpa de que é?

Ordenanza sobre vandalismo en escritos públicos

Agora que comeza o mes de agosto, imos preparar o novo curso. Neste mes, “tan vocacional como vacacional”, un ten algo máis de tempo para facer cousas, unha das que adoito facer é ler cousas que no resto do ano non teño tempo. Foi así como ollei a Ordenanza sobre vandalismo en espazos públicos do municipio de Ares. Cando rematei dinme conta que o que facía falta era unha Ordenanza sobre vandalismo en escritos públicos do concello de Ares. Xa teño comentado este tema, pero ante o pouco caso, ou máis ben ningún, que están a facer cumpre volver de novo co tema. Ler Máis Ordenanza sobre vandalismo en escritos públicos

Mentireiros!!!

Pois vai ser quer que vou ter remordementos de conciencia!. Cómo vou durmir tranquilo despois de saber que os 1.500 €, cos que me subvencionaron a merca dun coche novo, van saír da conxelación salarial dos pensionistas.

 Agora que as parroquias están como están, transporte público incluído, cántas viaxes de balde tereilles que facer para compensar aos pensionistas? Ler Máis Mentireiros!!!

A carestía dos despedimentos

TraballoOs mesmos directivos que din que os despedimentos dos traballadores son caros, blindan os seus contratos con primas millonarias (en euros). Ninguén di que 45 días por ano traballado ate un máximo de 42 mensualidades é a cantidade que custa un DESPIDO IMPROCEDENTE, e dicir, aquel no que o xuíz non viu causa obxectiva para o despedimento. Ler Máis A carestía dos despedimentos

Cegos ata que unha morte chegue!

aaccestradaUn xa non sabe cómo ha dicir as cousas!. É incrible que nos traballos da E.D.A.R. na estrada de Chanteiro non se tiveran producido accidentes. Non xa accidentes de tráfico, senón tamén laborais. Ler Máis Cegos ata que unha morte chegue!

Cortes de auga!!!!!

enfado031

Hoxe, 12:45 horas, por enésima vez quedamos sen auga. O Teléfono de avarías de Aquagest “ocupado”. Din os rumorosos que voltaron a escachar a traída de augas. Volven a ser os mesmos, aquí non hai quen lles diga nada, non lles vale con estragar  as estradas e os camiños, non chega con cortar os vieiros de comunicación. Non, agora tamén nos cortan o subministro de auga cada tres por dous. Ler Máis Cortes de auga!!!!!

Cita Previa

EsperaVou farto!

Si, vou farto de tanta solicitude de citas, audiencias, entrevistas, consultas, etc. Farto de chegar do máis puntual. Isto é: chegar á hora. Non unha hora antes nin unha hora despois, non. Chegar puntual é chegar á hora convida, pactada ou que sei eu….

E entón, esperas, esperas, desesperas….. Ler Máis Cita Previa

Merda de cans!

Hai que facer malabares para dar unha volta polo pobo e non pisar merda de can. Sei que o cuadrúpede non ten culpa algunha, pero si quen o “saca de paseo”.

Sacar de paseo ao can, ou cadela, significa levar ó can a defecar polos espazos públicos. Está ben iso de ter unha [...]