En Caamouco.Net

Boas Festas!

Boas Festas e que o vindeiro ano veña cheo de ledicias e,

a ser posible, soen notas musicais do Palco.

Cousas de vellos (II)

Contábame a miña avoa que houbo un tempo, moi botado de menos por algúns, nos que o chamado “Estado do Benestar” era un sono. Había quen o tiña todo. Non só no aspecto económico, tamén posuían o poder político-relixioso-militar. Un poder total e absoluto que abranguía ata cada recuncho “tanto do corpo como da alma”.

Naquel “modelo social” os cidadáns tiñan obrigado todo aquilo que non estaba a ser prohibido. Non había dereitos que puideran se exercitar, sómente a “súplica” podía ser exercida, baixo a “gracia de Dios” e tamén sempre que “…Dios guarde a Vd. muchos años”. A administración facía seu o vello refrán “para os inimigos a Lei, para os amigos o favor”. Ler Máis Cousas de vellos (II)

Cousas de vellos (I)

Foi xa no século pasado cando un tivo que estudiar aqueles armatostes de libros de economía. Entre capítulo e capítulo, no descanso obrigado para tomar novo impulso, as máis das veces lembraba a miña avoa. Foi peixeira, isto é unha muller que mercaba na lonxa o peixe que logo vendía na praza. Na lonxa se mercaban por caixas ou polo peso, pero na praza ao non haber pesa, vendíase por ducias. Ler Máis Cousas de vellos (I)

Para correlos a mocadas!

-          É para correlGarroteos a mocadas!

Esta foi a frase pronunciada por un lector, causada pola impotencia, ao ver na mesma páxina do xornal dúas novas. Unha falaba da supresión da paga de 200 € aos pensionistas que cobran pagas non contributivas, mentres a outra comentaba a opacidade nos orzamentos da Xunta do custe do “plus de altos cargos”. Ler Máis Para correlos a mocadas!

Non hai sensibilidade!

merecer_isto

Sei que é tema xa tratado neste Bloge, pero non podo resistir a quedar calado ante o maltrato que se lle está a dar as persoas con mobilidade reducida dende o noso Concello. Xa tratamos outrora o tema das prazas de aparcamento e as tarxetas. Hoxe vou a comentar dúas situación máis: o tema das bandas redutoras e a concesión de Licenza de apertura de establecementos. Ler Máis Non hai sensibilidade!

Aparcamentos para minusválidos

Pasa tódolos días. Vexo ocupar as prazas de aparcamento exclusivo de minusválidos por vehículos dos que saen persoas sen problemas, aparentemente, de mobilidade. Maila isto, vexo que colocan unha cartón que lles autoriza para aparcar nesa praza.

Coido que, ou ben estanse a dar cartóns de autorización para aparcar a persoas que non teñen mobilidade reducida, ou [...]