|
|
É curioso ver o que está publicado na web do Concello na sección de contratación de persoal:
Así, temos que para a praza de auxiliar administrativo, se require unha dispoñibilidade total. Textualmente nas Bases da convocatoria di: “Os aspirantes que superen as probas, están abrigados a prestala súa xornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeito requiridas polo interés do servicio, con horario de mañá, tarde ou noite, fraccionando a xornada se fose preciso.” Ler Máis (S)elección de persoal
Hai que pórlle cara de parvo!. Ou iso, ou tes que estar farto de tanta e tanta fumareda. Xa nunha ocasión, a falta de actualización da sección “O Alcalde responde”, foi debido a problemas de actualización da páxina web do Concello. Pois ben, xa daquela “aceptamos ao polbo como un animal de compaña”. Ler Máis Polbo afumado

Manda chover na Habana!, e chegou un furacán.
Segundo os orzamentos do Concello para o ano 2010 temos presupostados salarios para, aproximadamente, 52 persoas a tempo completo en xornada anual. Uns orzamentos, que xa foron aprobados entrado este ano de 2010. Algún pareceralle que é moito persoal para un concello de preto de 6.000 habitantes. Pois vai ser que non, ou sexa que non chegan. Ler Máis Pechado por…. despilfarro?
Día 16 de xuño de 2010. A noticia máis destacada dos informativos foi a derrota da selección española de fútbol ante a homónima da confederación helvética. Minutos e máis minutos para explicarnos o qué, cómo, quén, ónde e porqué dérase o fatídico resultado do España 0 – Suíza 1. Ler Máis A Selección Vs. clase traballadora
Estamos no tempo de render contas coa Facenda. Durante dous meses, unha morea de sufridos contribuíntes, confesaremos, diante dun asesor tributario ou en privado, e logo unha aplicación informática ditaranos unha penitencia pecuniaria. Ler Máis Tempo de Impostos
Esta mesma pregunta dou lugar a unha entrada desta bitácora o día 25 de outubro de 2009. Deberon de tomar daquela boa nota xa que, ao parecer, puxéronse a traballar no tema. Así temos que fai uns días o Sr. Alcalde arremetía contra o Goberno da Xunta por non facer a ampliación do Centro de Saúde. Ler Máis Para cándo o Centro de Saúde? II
Pois si qu e é curioso o tema de Astano. Os partidos políticos cando están na oposición “esíxenlle” ao Goberno de España que o Estaleiro retome a construción naval civil. Pero esa esixencia dúralles o tempo de estar na oposición. Cando acadan o Goberno mudan as tornas. Ler Máis Astanasia
Esto é un que chega ao seu médico de cabeceira, perdón, de familia, e pídelle:
- déame un xarope marca Mucosán, uns sobres de paracetamol marca Paratón, un antibiótico marca Antibión e unhas pílulas para a gorxa marca Gorxamel.
Nesto vai o médico recéitalle á carta os productos, pedidos polo doente. Ler Máis Unha de xenéricos!
Na estrada de Ares a Chanteiro estanse a facer obras. Iso esta ben!. Pero o problema é de como están a deixar o estado da mesma. O “carril” dereito en dirección a Chanteiro é intransitable, pero lonxe de ir amañando o que están a desfacer, seguen furando e estragando máis metros. Ler Máis Estra(ga)das
Estamos en tempo de preparar as axendas do 2010. Tendo en conta que o Concello ten por costume encargar un lote delas, queríalles propor que na portada da mesma e xunto ao escudo, puxeran a frase “Centro de Saúde”. Deste xeito cada día que colleran a mesma lembrarían, uns e outros, da débeda electoral que contraeron coa veciñanza. Ler Máis Para cándo o Centro de Saúde?
|
|
Comentarios recentes