En Caamouco.Net

Endebedamento

billetes_euroVéñense de publicar polo Ministerio de Economía e Facenda os datos de endebedamento das entidades locais do estado no exercicio de 2008. O noso Concello ten contraída unha débeda de 2 millóns 350 mil euros, o que pasado en pesetas supera os 391 millóns. Dividindo a débeda entre os habitantes nos sae que cada un ou unha de nos debe 413,58 euros. Ler Máis Endebedamento

Fiat Lux

Anclas-1

O Catecismo de San Pío X definía así o entendemento:

“Entendimiento es un don que facilita la inteligencia de las verdades de la Fe y de los divinos misterios, inasequibles a la luz natural de nuestro entendimiento.”

Algo deberan pensar os nosos Administradores Municipais ante o que esta a acontecer en Pontedeume. Non é, cando menos ético, que aos futuros compradores dun inmoble non se lles advirta que a licenza municipal non é firme porque está recorrida. Ler Máis Fiat Lux

Unha de gripe

Din os expertos do Ministerio de Sanidade que perante os síntomas de gripe A, non debemos de acudir ao Centro de saúde, baixo risco de estender o contaxio.

As diferenza sintomáticas entre unha gripe común e a Gripe A, segundo nos din, é que a común tarda 7 días namentres a tipo A tarda 9.

Os últimos falecidos [...]

O misterio de Astano

PREGUNTA: si Astano dende o ano de 1984 non pode facer buques civís, cómo é posible que teña recibido subvencións á construción civil, declaradas ilegais pola Unión Europea?

Por qué se condiciona a volta á construción en Astano a esa sanción?

- A min que non me pregunten, eu sonche de aldea.