En Caamouco.Net

Adeus palco, adeus para sempre adeus …..

Moito mudaron as cousas neste concello. As miñas eivas non me deixan entender como é que o noso alcalde pode delegar o “impulso” para a realización do Plan Xeral de Ordenación Urbana ao concelleiro de Nueva Alianza.

Coido que ninguén esquecería que foi este concelleiro, dentro dun goberno do Partido Popular, o que [...]

Falacias de faladoiros!!

O noso concello é un bo caldo de cultivo para as ONGs.

Anos atrás unha ONG inmobiliaria, segundo Augas de Galicia, entubou un regato que discorría ao carón da leira do entón alcalde.

Logo, durante unha campaña electoral, unha S.A.R. (Sociedade Altruísta Responsable) permitiulle colocar unha vala publicitaria ao entón alcalde nun [...]

Amigo das árbores!

Temos un Concello con graves problemas no nomenclátor do seu Rueiro. Temos rúas, como a Sta. Bárbara, que dan mas rodeos que unha praza de touros. Hai unha “Rúa do Sol” e outra “Rúa da Porta do Sol”. En Chanteiro todos os camiños son “Chanteiro”, temos un “Chanteiro 45” e a poucos metros un “Chanteiro 235”. Non falemos dos castrapos deturpadores tales como “Marina del Pombal”, ou da non sinalización na súa forma toponímica legal, que non é outra que a súa forma galega, etc.

Mudar o nome da rúa sempre é un encordio para a veciñanza. Comunicar o novo enderezo aos bancos (que son case os únicos que nos mandan cartas), mudar nas nosas tarxetas de identidade …, en fin, unha lea. Ler Máis Amigo das árbores!

Transparencia Informativa? (II)

Parece ser que para algúns non hai máis realidade que a que eles mesmos queren ver. Sería o seu problema de non ser que queren que os demais vexamos o que eles ven. Pero a realidade e teimuda. Aquí van os FEITOS:

O día 1 de outubro publicase no xornal Diario de Ferrol o seguinte anuncio:

CONTRATACIÓN DE 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE TESORERÍA-INTERVENCIÓN (CONTABILIDADE) POLA MODALIDADE DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE, POR PERIODO DUN ANO.

SOLICITUDES: dentro dos 5 días naturais, seguintes ó da publicación deste anuncio.

BASES: Atópanse expostas no Taboleiro de Anuncios dese Concello, onde tamén anunciarase calquera comunicación sobre este procedemento.

Ares, 28 des setembro de 2010.

O ALCALDE. Asdo. Dn. Julio Ignacio Iglesias Redondo

Ler Máis Transparencia Informativa? (II)

Trasparencia informativa?

Convoca_tesou

Ler Máis Trasparencia informativa?

Deberes para o verán

Ben, chega o mes de agosto, e con ilo as desexadas vacacións. Se o Concello fose unha escola, das da E.X.B. de plan de estudios, teriámoslle que poñer algún “deberes” aos que máis, pero tamén algún suspenso.

 O profesorado sería o que peor nota acadaría, e tería que asistir obrigatoriamente a Cursos no verán. Pero aquí só vou avaliar os contidos informativos da páxina web. Coido que mellor que avaliar, que sempre é un difícil compromiso, vou evidenciar as carencias e que eles mesmos se poñan nota. Ler Máis Deberes para o verán

Para mostra … un balcón

As cousas se poden facer ou non facer. De facer, facelas ben, regular, mal ou peor. As veces se copian cousas, e hai copias que superan o modelo orixinal, poucas, pero hainas …

O noso Sr. Alcalde copioulle ao seu compañeiro de partido, o Sr. Alcalde de Ferrol, a idea de facer un Certame de Decoración Floral de Balcóns. En principio está ben, pero as cousas puidéronse facer mellor, creo que bastante mellor. Ler Máis Para mostra … un balcón

Policía municipal: comunicando ou fora de servizo

O que puidera un pensar que é unha mala casualidade, non é casual, é permanente e sistemático. Contactar coa policía municipal ven ser todo un reto. Sen ir máis lonxe, no día de onte no Centro de Saúde foi requirida a súa presenza. Cando deron contactado con eles, o problema xa estaba resolto. De ser un xantar non chegan nin aos “chupitos.” Ler Máis Policía municipal: comunicando ou fora de servizo

Adefesios !!!!!

Escola-nenas01

Voume resistir a comentar a actuación levada a cabo na antiga Escola de Nenas.

Que cada quen quite as súas conclusións

Ler Máis Adefesios !!!!!

Covardía política?

gobernoGobernar, o que se di gobernar, pois non!. No Concello non hai goberno. Non vou negar que non se fagan cousas, non. Pero o que se di goberno, nada de nada.

Estanse a facer cousas, si. Faltaría máis!. Pero, hai un esqueleto que artelle todas esas cousas harmonizando un todo?. Pois non!.

A falta dunha ordenación do territorio plasmada nun plano de urbanismo é unha eiva que imposibilita un goberno nun Concello. Ler Máis Covardía política?