|
|
Pois xa ten resposta a pregunta que dende aquí se fixo por tres veces. O 21 de xaneiro retomouse a sección “O ALCALDE RESPONDE”
Non foi sen tempo, coido que as desculpas de falta de tempo que logo trocaron en “problemas de actualización da Web” convenceron só a quen xa estaba convencido.
Sublata causa, tollitur effectus.
Pois aí vai a nova segundo se publicou na web o Concello: Ler Máis Sublata causa, tollitur effectus. (Quosque tandem? III)
Reproduzo a nota de prensa aparecida no xornal Diario de Ferrol e na páxina web do Concello ao respecto das entradas Nihil sub sole novum e Quosque tandem? por dous motivos. O primeiro é porque temos un problema técnico coa inserción de comentarios nesta Bitácora (blogue) e o segundo porque hai que facer valer toda a información para que cada quen quite as súas conclusións. Ler Máis Nota de prensa do Concello
A pesares do manifestado polo Sr. Alcalde neste Blogue, a respecto da sección da páxina web do Concello » O Alcalde responde» , a día de hoxe, e pasou máis dun mes dende aquilo, non hai nada novo. Ler Máis Nihil sub sole novum (Quosque tandem? II)
Debeu cansar o noso Alcalde de responder na súa sección da web municipal “O Alcalde responde”. Anunciou no mes de xullo que ía de vacacións, e a día de hoxe non volveu aparecer por alí. Seguirá de vacacións?. Ler Máis Quosque tandem?
Levamos dous días con cortes no subministro de auga. A primeira vez, o xoves, foi de súpeto por mor dunha avaría producido pola rotura dunhas tubaxes na zona do Porto. Pero hoxe venres, produciuse outra, non sei con qué finalidade, pero estaba programada para as 9.30 horas. Ler Máis Cortes no subministro de auga
É moi boa nova que o noso Alcalde fose, primeiro designado como representante municipal no Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e logo, elixido de entre os catro designados, como Vicepresidente da citada Axencia. Ler Máis Parabéns!
Grazas amiga Teresa polo teu comentario. Ao revés que algúns (aos que me engado) tes a capacidade para en poucas palabras facer unha chea de preguntas que nesta entrada penso dar cumprida resposta: Ler Máis Resposta a Teresa (Seguranza Viaria (I))
Hoxe viñeron pola Porta do Sol, unha parella da policía municipal. Non puiden divisar ben se eran axentes ou auxiliares, que o mesmo non che ten!.
Estaban a fotografar a unha morea de vehículos mal estacionados. O que máis me chamou á atención foi ver como a toma de fotografías era do máis selectivo. Ler Máis Seguranza Viaria (I)
|
|
Comentarios recentes