En Caamouco.Net

As pensións, entre o presente e o futuro

 

Reproduzo a estrada que Daniel Albarracín Investigador social Profesor Universitario Doctor en Sociología (UCM) Licenciado en CC. Económicas (UAM) ten na súa bitácora:

Daniel Albarracín 17-12-10

O sistema de Seguridade Social constitúe a institución económica máis robusta no Estado español, desde o punto de vista da súa solvencia. Trátase dun modelo de solidariedade entre os e as asalariadas sen comparanza, un modelo baseado nun sistema de repartición interxeracional e interterritorial. Non se trata dun modelo perfecto nin o mellor posíbel, desde o punto de vista da equidade, abofé.

Ler Máis As pensións, entre o presente e o futuro

Sistema Público de pensións

Reproduzo un estudio de Juan Francisco Del Brío Carretero, profesor da Universidade Carlos III de Madrid. Coido que racha un pouco con esas mensaxes que se están a mandar dende as elites financeiras.

Elites que foron as causantes desta crise, e aos que eu non estou por darlles a custodiar os cartos da miña xubilación por moi malos que sexan os xestores da “res publica”.

Noutra entrada, agardando ter máis tempo nas vacacións, comentarei algunhas das reformas que se poderían facer no Sistema Público de Pensións, para facelo máis sostible.

Ler Máis Sistema Público de pensións

Astano e as «axudas ilegais»

Cartos_02É necesario aclarar totalmente o asunto das axudas ilegais e para iso, hai que fixarse na frase da nota de prensa de Europa Press que indica (nos xornais é algo que se está obviando pero, podedes atopala enteira en Pórtico de Astano):

«El comisario de Competencia recuerda que en 2004 la Comisión declaró ilegales las ayudas públicas por valor de 864 millones de euros concedidas a Izar y ordenó al Gobierno recuperarlas de los astilleros beneficiarios.»

Desta frase é imprescindible fixarse nas palabras «astilleros beneficiarios» e é imprescindible porque tal e como se indica, cada estaleiro terá que devolver a súa parte de axudas recibidas Ler Máis Astano e as «axudas ilegais»

Licenzas urbanísticas e silencio administrativo

urban02 «Non  poden entenderse adquiridas por silencio administrativo licenzas en contra da ordenación territorial e urbanísticSentenza TS 28/01/2009

Parece pois, que o alto Tribunal ven de dar unha resposta clara. Resposta fundamental para o desenvolvemento da actividade urbanística pois a inexistencia de licenza ou a súa desconformidade coa ordenación urbanística aplicable impide ao solicitante a autorización de escrituras de declaración de obra nova rematada ou a inscrición no Rexistro da Propiedade das mesmas (Art. 20 da Lei do Solo de 2008). Pero o máis salientable ha ser a incidencia desta sentenza sobre as técnicas de protección da legalidade urbanística, e particularmente no noso concello. Ler Máis Licenzas urbanísticas e silencio administrativo

Inconstitución do Reino de España

ConstitucionNestas datas todo son parabéns para a Constitución Española. Xa vai anos que aqueles que votaran NO naquel referendo se uniran para loala. Este ano, parece ser que tamén se achegaron algúns dos que votaron NON.

Para a meirande parte deles, a Constitución e un dogma, e como tal  que non pode ser modificada. Fan bo aquilo de “vente años no es nada..” que dicía a canción, pero xa pasamos dos trinta!. Ler Máis Inconstitución do Reino de España

Cando as barbas do teu veciño….

Plano_urbanismoPenso de especial interese, reproducir unha sentenza do Tribunal Constitucional. Nela trátase sobre a tutela xudicial efectiva, dereito recoñecido na Constitución, e que ten cabida como recurso de amparo ante a non execución dunha sentenza de demolición dunha obra, logo de ser esta declarada ilegal xunto coa licenza outorgada.

A pesares dos intentos do Concello en cuestión, aprazando a demolición na espera da modificación do planeamento urbanístico para legalizar o ilegalmente construído, o Tribunal Constitucional falla contra ese aprazamento. Ler Máis Cando as barbas do teu veciño….

Tópicos sobre a Lingua Galega

el_Toupo

Atopei esta entrada no Bloge «El toupo que fuza” (http://eltoupoquefuza.blogspot.com), escrita por Suso Fernández Acevedo. Creo moi oportuna e didáctica a súa exposición sobre a lingua galega. Pois aí vai reproducida textualmente:

Ler Máis Tópicos sobre a Lingua Galega

Cooperativas de vivendas?

CONSTRUDINEUn amigo propúxome entrar no negocio inmobiliario. Para ilo díxome que tiñamos que montar unha cooperativa de vivendas. O primeiro paso sería buscar chan apto para urbanizar. Nesta procura teriamos preferencia para facernos con terreos de xestión pública polo feito de ser cooperativa. Unha vez que xa temos os terreos encargamos un proxecto de edificación que presentaremos ao concello para obter licenza urbanística. Ler Máis Cooperativas de vivendas?

Multa de 6.000 € ao Partido Popular de Ares

Proteccion de datosO Director da Axencia Española de Protección de datos resolveu imporlle ao Partido Popular, por unha infracción do artigo 6.1 da LOPD, tipificada como grave no artigo 44.3.d) de dita norma, unha multa de 6.000 € (seis mil euros) de conformidade có establecido no artigo 45.2 e 5 da citada Lei Orgánica. Ler Máis Multa de 6.000 € ao Partido Popular de Ares

Ruído

Que o Cruidooncello de Ares apareza nun libro, pode ser unha moi boa nova, mais non sempre ha ser así. Na procura de documentación para fundamentar unhas queixas duns veciños, atopei este interesante tratado: EL TRATAMIENTO ADMINISTRATIVO DE LA CONTAMINACIÓN ACÚSTICA, de Fernando Luís de Andrés Alonso, asesor do Valedor do Pobo, editado en 2003, que trae a colación unha denuncia anterior por parte duns veciños de Ares polos problemas de ruídos non atendidos dende o Concello. Ler Máis Ruído