|
|
Xa sei que vou contracorrente. Mais non cesarei en postular por outro modelo de financiamento do que no último terzo de século pasado veuse en chamar “Estado de Benestar”, maiormente na vella Europa.
O debate sobre o futuro da pensións está sendo furtado á sociedade. Só quen ten acceso aos “multimedia” poden falar e, fano tan “doutamente”, que un acaba por pensar aquilo de que onde estaban estes clarividentes que non foron capaces de se anticipar ao crac económico.
Non vou ser eu quen negue a lexitimidade dos nosos representantes nas Cortes Xerais, por moito que non poda asumir a Lei electoral. Non é iso. Pero tampouco é de recibo o feito de que a gran reforma do Estado de Benestar se estea a facer sen que os partidos políticos teñan presentado as súas propostas ao corpo electoral. Ler Máis O PensionaZo
Agora é cando. Este é o momento de irmos a Folga Xeral. Non podemos deixar pasar esta semana sen mobilizarnos. Nesta semana o Congreso someterá a votación unha nova reedición do Pacto de Toledo e o Goberno de España decretará a Reforma das Pensións.
Galiza é onde se pode artellar unha Folga Xeral. [...]
Sempre hai unha saída dende a esquerda. Unha vez máis o dito de que en política non existe dereita nin esquerda, como sempre, ven a beneficiar aos que máis teñen.
O actual Sistema Público de Prestacións Social necesita reformas. Si, non estou a falar das Pensións. Estas son só unha parte do Sistema. Unha parte fundamental, pero non o único instrumento.
Ler Máis A esquerda esquecida…
As veces a ficción supera á realidade. Hai unha serie de TV que se está a rodar en Redes na que nun capítulo dela, a personaxe de Elsa, pedíalle ao cura que lle bautizase ás súas ovellas.
Coido que os guionistas deben estar ao tanto do que acontece no noso Concello. Aquí non sei se lle damos bautizos aos animais, pero o que si facemos é bendicir as cousas.
Por bendicir que non quede!. Dende unha máquina escavadora ata un edificio municipal feito cos cartos de todas e de todos. Si, tamén sufragárono os veciños que practican na Capela Evanxélica, que oran a Alá ou mesmo os que non lle oramos a ninguén.
Ler Máis Social-Catolicismo?

O día 29 todas e todos estamos chamados a participar nunha xornada de Folga para parar unha reforma laboral, que ao igual que as anteriores vai supor un recorte de dereitos para a clase traballadora. Somos moitos e moitas os que pensamos que é unha resposta tardía e que os sindicatos non estiveron a altura das circunstancias. Pero non valen escusas. Despois do día 30 pedirémoslles explicación aos axentes sociais, pero o día 29 é día de loita democrática nas rúas. Farémolo por todas e todos nós, que ven ser tamén pola dignidade da clase traballadora. Ler Máis 29 de setembro
Remataron as festas, xa gastamos os cartos que non tiñamos e agora virán as restricións. Hoxe culmina o Concello o seu dispendio de cartos para as festas do verán. O rumor é que o broche do verán, a orquestra, vainos custar 12.000,00 euros. Pois a un non se lle vai da testa que con 12.000 euros poderíanse pagar a dúas persoas durante tres meses. Non para facer obras do plan E, senón para atender a Oficina de Turismo, pois hai que lembrar as verbas do Sr. Alcalde, non se abriu por falta de recursos económicos. Ler Máis Benvidos e Benvidas ao novo Curso

No día de onte aparecéronme na caixa de correos “información” do Partido Popular de Ares. Xunto a isto, como se fose a mesma man a que alí os depositara, aparece unha listaxe de resolucións da Alcaldía pola que se liberan certas cantidades de cartos. Clasificados por data, faise unha relación pormenorizada dos traballadores e cantidades abonadas a cada quen. Ler Máis Sumidoiros
Un estado aconfesional é aquel que non está adscrito a ningunha confesión relixiosa. Aínda que parecido o seu significado non é igual ao de estado laico. Neste último o que se está a dicir é que o estado é independente de calquera organización ou confesión relixiosa. Ler Máis Ofrenda inconstitucional?
Caeu nas miñas mans o libro “Homenaxe a Xosé Manuel Iglesias”, publicación coordinada por Antonio Blanco Carballo e Víctor Manuel Santidrián Arias e publicado pola Fundación 10 de marzo. Ler Máis As nosas débedas coa historia
|
|
Comentarios recentes