En Caamouco.Net

Nada parecéselle tanto a inxustiza como e Xustiza tardía

Inxustiza02

Parece ser, que despois de máis de 7 anos de denunciar os feitos, vaise celebrar  xuízo polas alteracións no padrón nas eleccións municipais do ano de 2003.

No escrito de acusación a Fiscalía lles imputa a D. José Manuel Cendán Fernández, que nese momento era alcalde de Ares, e a dona María Monserrat Rodríguez Sánchez, funcionaria encargada do control administrativo da confección do padrón de habitantes un delito electoral. Ler Máis Nada parecéselle tanto a inxustiza como e Xustiza tardía

Vanitas, vanitatum, et omnia vanitas

Alfoli02Un ten as veces curiosidades, que se ben non son transcendentais, isto é, que non lle van dar aclarado os grandes enigmas da humanidade, pois as ten e xa está.

Despois de ollar o panfleto “Alfolí” o primeiro que fixen foi ver no almanaque o ano. Corroborei que estamos no 2010. De seguido fun ver si no BOE aparecía a publicación das eleccións anticipadas (municipais, non as que quere PP). E tampouco nada de nada. Dixen, nada, esta publicación fana este ano  polo da crise. Pero tampouco, lin Número 3 – Ano 2010. Ler Máis Vanitas, vanitatum, et omnia vanitas

Educar na intolerancia

115982_217309621_0de8f2e4c81A verba “tolerar” estase a pór de moda, curiosamente baixo o eufemismo  “Tolerancia Cero”, cero–zapateiro que dirían algúns. Algo debe ter a palabra intolerante para que non sexa “politicamente correcto” utilizala. Ler Máis Educar na intolerancia

Privado versus público

publicoDende sempre teño escoitado ás mesmas persoas de sempre que sempre foi mellor a xestión pública que a privada. Que hai que liquidar todo o público, porque “as mans privadas” son máis eficientes que o sector público.

Pero é aquí que estes mesmos defensores do ultraliberalismo económico, fan todo o posible por “enchufar” aos seus fillos e fillas dentro do sector público. Aquí si que non doen prendas. Ao mellor o sector público é o “cancro da nosa economía” porque son eles os que están a xestionalo. Contratos do sector público tan escuros como millonarios se adxudican a empresas nas que, por casualidade!, están como accionistas eses que tanto detestan o sector público. Ler Máis Privado versus público

Pra que nos devolvan o roubado…!

ROUBOPor máis que lles pese, esquecéronse da letra da “internacional”. Si, vai a ser hora de que nos devolvan o “roubado” aos traballadores e traballadoras do Estado das súas cotas a Seguridade Social. Nunca lles chegou o feito de que coas nosas cotas se financiaran o noso seguro de desemprego, as nosa formación profesional, as nosas incapacidades temporais ou as nosa pensións. Ler Máis Pra que nos devolvan o roubado…!

Felices Festas!

Unha cábala do número 666

cabalaNeste ano de 2009 que remata moitas cousas foron acontecendo, a meirande parte delas nada boas. A culpa pode estar no número 666, que algúns veñen a relacionar co diaño.

Ase, se sumamos as súas cifras veñen dar 11, ou o que sería o mesmo XI en números romanos. Se dividimos por dous, pasamos unha liña pola metade, XI ou sexa un VI que non ven sendo outra cousa que un seis.

Deste xeito podemos xustificar todos os males acontecidos. Desexar Felices Festas a todos e a todas e xa está!. Ler Máis Unha cábala do número 666

Problemas cos comentarios

Non sei a causa de que non se poidan engadir comentarios ás entradas. Están os amigos e administradores de caamouco.net traballando na solución. Namentres podedes mandar os comentarios ao enderezo @caamouco.net e serán publicados.

Perdoade [...]

Botarse ao Monte (Pio)

guerrilleros_galAs voltas que da a vida!. Quén iría dicir que un presidente da Xunta de Galicia, do Partido Popular, ía chamar a insubmisión fiscal?. Resulta que di o Sr. Presidente que a Comunidade autónoma non pode devolverlle ao Goberno central os cartos transferidos ‘a conta’ en 2008 e 2009, isto é, os fondos que a Administración do Estado enviou ás autonomías. Ler Máis Botarse ao Monte (Pio)

Tránsfugas

VotanteÉ unha desas palabras que cada vez que temos preto un proceso electoral ocupan as primeiras, segundas,…e últimas páxinas dos xornais e medios de comunicación. Unha das curiosidades desta palabra é que muda o seu significado. Así, o suxeito o que hoxe para un partido político é un tránsfuga, mañá realizando esta mesma acción, pasará a ser considerado como un defensor das liberdades e implacable perseguidor de corruptelas. Ler Máis Tránsfugas