En Caamouco.Net

Felices Festas!

Unha cábala do número 666

Neste ano de 2009 que remata moitas cousas foron acontecendo, a meirande parte delas nada boas. A culpa pode estar no número 666, que algúns veñen a relacionar co diaño.

Ase, se sumamos as súas cifras veñen dar 11, ou o que sería o mesmo XI en números romanos. Se dividimos […]

Cita Previa

Vou farto!

Si, vou farto de tanta solicitude de citas, audiencias, entrevistas, consultas, etc. Farto de chegar do máis puntual. Isto é: chegar á hora. Non unha hora antes nin unha hora despois, non. Chegar puntual é chegar á hora convida, pactada ou que sei eu….

E entón, esperas, esperas, desesperas…..

[…]

Diccionario das TIC

DIGATIC é un proxecto desenvolvido dende a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG), financiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que pretende pór a disposición da comunidade tecnolóxica un amplo léxico técnico en galego que facilite a utilización e a propagación da nosa lingua dentro deste […]

Nota de prensa do Concello

Reproduzo a nota de prensa aparecida no xornal Diario de Ferrol e na páxina web do Concello ao respecto das entradas Nihil sub sole novum e Quosque tandem? por dous motivos. O primeiro é porque temos un problema técnico coa inserción de comentarios nesta Bitácora (blogue) e o segundo porque hai que facer […]

Problemas cos comentarios

Non sei a causa de que non se poidan engadir comentarios ás entradas. Están os amigos e administradores de caamouco.net traballando na solución. Namentres podedes mandar os comentarios ao enderezo @caamouco.net e serán publicados.

Perdoade as molestias…..

Nihil sub sole novum (Quosque tandem? II)

A pesares do manifestado polo Sr. Alcalde neste Blogue, a respecto da sección da páxina web do Concello ” O Alcalde responde” , a día de hoxe, e pasou máis dun mes dende aquilo, non hai nada novo.

[…]

Merda de cans!

Hai que facer malabares para dar unha volta polo pobo e non pisar merda de can. Sei que o cuadrúpede non ten culpa algunha, pero si quen o “saca de paseo”.

Sacar de paseo ao can, ou cadela, significa levar ó can a defecar polos espazos públicos. Está ben iso de […]

Inconstitución do Reino de España

Nestas datas todo son parabéns para a Constitución Española. Xa vai anos que aqueles que votaran NO naquel referendo se uniran para loala. Este ano, parece ser que tamén se achegaron algúns dos que votaron NON.

Para a meirande parte deles, a Constitución e un dogma, e como tal que non […]

Estra(ga)das

Na estrada de Ares a Chanteiro estanse a facer obras. Iso esta ben!. Pero o problema é de como están a deixar o estado da mesma. O “carril” dereito en dirección a Chanteiro é intransitable, pero lonxe de ir amañando o que están a desfacer, seguen furando e estragando máis metros.

[…]