En Caamouco.Net

Quosque tandem? III

Pois xa ten resposta a pregunta que dende aquí se fixo por tres veces. O 21 de xaneiro retomouse a sección “O ALCALDE RESPONDE”

Non foi sen tempo, coido que as desculpas de falta de tempo que logo trocaron en “problemas de actualización da Web” convenceron só a quen xa […]

Pra que nos devolvan o roubado…!

Por máis que lles pese, esquecéronse da letra da “internacional”. Si, vai a ser hora de que nos devolvan o “roubado” aos traballadores e traballadoras do Estado das súas cotas a Seguridade Social. Nunca lles chegou o feito de que coas nosas cotas se financiaran o noso seguro de desemprego, as nosa formación […]

Cortes de auga!!!!!

Hoxe, 12:45 horas, por enésima vez quedamos sen auga. O Teléfono de avarías de Aquagest “ocupado”. Din os rumorosos que voltaron a escachar a traída de augas. Volven a ser os mesmos, aquí non hai quen lles diga nada, non lles vale con estragar as estradas e os camiños, non chega con […]

21 de xaneiro: Paremos o decretazo contra o galego

A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego.A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos […]