OFerrado.Caamouco.Net

Boas Festas!
Boas Festas e que o vindeiro ano veña cheo de ledicias e,

a ser posible, soen notas musicais do Palco.

Adeus palco, adeus para sempre adeus …..
Moito mudaron as cousas neste concello. As miñas eivas non me deixan entender como é que o noso alcalde pode delegar o “impulso” para a realización do Plan Xeral de Ordenación Urbana ao concelleiro de Nueva Alianza.

Coido que ninguén esquecería que foi este concelleiro, dentro dun goberno do Partido Popular, o que promoveu a desorde urbanística que padecemos. Primeiro opuxéronse ao P.X.O.U. aprobado polo PSOE e o BNG, Logo, cando estaban no goberno, aproveitaron o Plan (cando xa había sentencias que o anulaba) para facerlle as modificacións que propiciaron a desfeita urbanística actual.

E como para mostra un botón, agora temos que o Sr. Alcalde quere tirar o Palco da Praza da Constitución. Unha edificación clasificada como de interese patrimonial polo anterior Plan urbanístico, entón, que mudou dende aquela para agora derrubala sen máis?.

Mudar, o que se di mudar, só mudou quen ordena a política urbanística. Así, temos un alcalde do PSOE que delega a política urbanística no sucedáneo do PP.

Estarán a ensaiar o PPSOE?

ORGANIZACIÓNS DO ÁMBITO SOCIAL, POLÍTICO E SINDICAL CONVOCAN UN GRANDE ACTO PÚBLICO O 17 DE SETEMBRO EN SANTIAGO CONTRA A REFORMA DA CONSTITUCIÓN

“Galiza, pola Soberanía, os Dereitos Sociais e os Servizos Públicos. Esta reforma da Constitución é unha fraude” é o lema da convocatoria

Distintas organizacións do ámbito social, político e sindical de Galiza convocan un grande acto público o 17 de Setembro en Santiago de Compostela para expresar o seu rexeitamento á reforma da Constitución española.

As entidades convocantes son a CIG, a Organización Galega de Montes en Man Común, o BNG, Adega, FRUGA, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a AS-PG, Galiza Nova, os Comités e a Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos.

O acto vaise realizar na Praza da Quintana apartir das 18 horas.

A convocatoria é unha convocatoria absolutamente aberta á participación de todas as cidadás e os cidadáns e a aqueles colectivos sociais que se queiran engadir e que se sintan identificados cos principios que moven ás organizacións convocantes.

O lema baixo o cal vaise realizar este acto é Galiza, pola Soberanía, os Dereitos Sociais e os Servizos Públicos. Esta reforma da Constitución é unha fraude.

As organizacións convocantes partillan a idea de que a reforma da Constitución pactada polo PP e polo PSOE atenta contra os principios básicos da Democracia -ao non ser consultado o pobo en referendo- e representa unha agresión sen precedentes ao autogoberno, para alén de significar a constitucionalización das políticas neoliberais e os recortes sociais.

Asina NON A ESTA REFORMA DA CONSTITUCIÓN
As decisións tomadas desde que se iniciou o actual período de crise económica, alén de afectar o benestar das maiorías sociais, están a situar ao pé dos cabalos a democracia e o dereito á soberanía e o autogoberno dos pobos.

O acordo alcanzado para acometer unha reforma constitucional “exprés” vén precedido dunha actividade especulativa desmedida contra as emisións de débeda pública, e de requirimentos formulados desde o Banco Central Europeo, unha institución monetaria cuxo funcionamento e sistema de escolla dos seus representantes carecen de lexitimidade e control democráticos.

Ao longo dos últimos anos vimos sufrindo as consecuencias que a ríxida política de redución do gasto público provoca ás persoas en situación máis desfavorecida e no deterioro de servizos públicos básicos, como a sanidade, os servizos sociais ou o ensino, ben como á nula contribución para a recuperación económica.

Agora xa non se pretende que esa política sexa unha escolla, senón unha obrigación contida nun mandato constitucional, que limitará a capacidade de financiamento necesario para manter e mellorar os servizos públicos e sociais básicos.

O autogoberno da Galiza vese así severamente limitado, ao ser sometido á asunción obrigatoria de regras inspiradas en dogmas económicos fracasados, cuxa maior preocupación é satisfacer a cobiza de lucros ilimitados en vez de procurar a redución das desigualdades sociais.

Alén diso, semella unha burla á cidadanía que os mesmos que sempre negaron a posibilidade de reformas constitucionais democratizadoras, que permitisen o recoñecemento do carácter plurinacional do Estado e, por tanto, o exercicio do dereito das nacións ao pleno autogoberno, sexan os que agora promoven esta mudanza regresiva e antipopular.

Ao intenso ataque ás conquistas sociais atinxidas, vén sumarse unha agresión á democracia, ao consolidar legalmente un único pensamento económico e facelo sen transparencia, nin a necesaria reflexión, amplo debate e, finalmente, consulta pública con todas as garantías de que se respecte a vontade democrática dos pobos.

En atención a todo o anteriormente exposto,

Adela Figueroa, Alba Nogueira, Comba Campoy, Goretti Sanmartín, Luís Gonçales Blasco ‘Foz’, Manuel Mera, Néstor Rego, Pilar García Negro, Teresa Moure, Xavier Vence, Xosé Antón Pérez-Lema, Xosé Lois ‘Carrabouxo’, Xosé Luís Barcia

propomos este manifesto á cidadanía galega.

Os abaixo asinantes dirixímonos aos Presidentes do Congreso dos Deputados e do Senado, EXIXINDO:

A RETIRADA DO ACTUAL PROPOSTA DE REFORMA CONSTITUCIONAL PACTADA POLO GOBERNO CENTRAL, PSOE E PP

A CELEBRACIÓN DUNHA CONSULTA PÚBLICA SOBRE OS LÍMITES DO GASTO PÚBLICO

A CAPACIDADE DE DECIDIR, EN DEFENSA DA SOBERANÍA E O AUTOGOBERNO DOS POBOS, DA DEMOCRACIA, E DOS DEREITOS SOCIAIS

OUTRA POLÍTICA ECONÓMICA A PROL DAS MAIORÍAS SOCIAIS E NON DOS MERCADOS.

http://nonaestareformadaconstitucion.info/sinaturas/

Paremos os ataques contra o galego!
Concentración

ás 12 da mañá na

Praza do Concello de Ares

A plataforma cívica QUEREMOS GALEGO está conformada por unhas 700 entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual. No día das letras galegas de anos pasados impulsamos masivas e exitosas manifestacións en Santiago de Compostela co obxectivo de evidenciarmos perante á opinión pública europea que temos un idioma propio e que somos quen de defendelo en igual modo que son defendidos o resto dos idiomas desta nosa Europa. Máis información en www.queremosgalego.org

Este ano 2011 decidimos aproveitar o contexto de eleccións municipais para facer ver a necesidade democrática dunha galeguización efectiva dos concellos, como institucións que poden e deben ser axentes activos e privilexiados no proceso normalizador da lingua galega. En coherencia co anterior realizaremos concentracións en multitude de concellos ao longo e ancho do País, facilitando a participación das persoas que defendemos a existencia do noso idioma propio como principal vínculo de unión entre nós. Como non pode ser doutro xeito, avaliaremos a actual política lingüística que, como acordamos no Plenario Nacional celebrado o pasado 14 de marzo na capital galega, é de clara involución nos dous anos que Núñez Feijóo leva na presidencia da Xunta.

O martes 17 de maio ás 12 da mañá realizaremos as citadas concentracións nas que alternaremos a lectura de textos do grande referente político, intelectual e artista, Castelao, con música ou outras actividades lúdicas.

Convidamos á súa entidade a considerar como propia esta homenaxe ao galego que impulsa a plataforma cívica QUEREMOS GALEGO. Solicitamos a participación da súa entidade nunha das concentracións que realizaremos na nosa comarca, convidándoos a dar lectura a un texto que sobre a lingua galega deixou Castelao e que temos escolmado entre a súa variada obra. Por suposto tamén poderían utilizar un texto do homenaxeado nas Letras deste ano, Lois Pereiro, ou de calquera outro/a autor/a que teña como argumento principal a defensa do noso idioma.

De preferiren realizar unha homenaxe propia e desexaren vinculala a Castelao estaremos ledos de lles facilitar textos deste noso grande referente.

As concentracións serán ás 12 da mañá (agás Pontedeume ás 11:30) nas localidades e lugares:

Ares (Praza do Concello), As Pontes (Praza de América), Cedeira (Praza da Reitoral da Vila Vella), Fene (Local do Pote -Maniños-), Ferrol (Praza do Himno), Narón (Parque Botánico Carlos Rodríguez Dacal), Pontedeume (Praza do Concello), San Sadurniño (Praza do Concello) e Valdoviño (Praza da Casa da Cultura)

Se decidiren participar prégolles nolo comuniquen para facermos as previsións necesarias. Para calquera dúbida ou aclaración, non dubiden en se pór en contacto.

Unha forte aperta.

Carlos Outeiro Baamonde

Coordinador na comarca de Ferrol

Plataforma cívica QUEREMOS GALEGO

couteiro@hotmail.com

Falacias de faladoiros!!
O noso concello é un bo caldo de cultivo para as ONGs.

Anos atrás unha ONG inmobiliaria, segundo Augas de Galicia, entubou un regato que discorría ao carón da leira do entón alcalde.

Logo, durante unha campaña electoral, unha S.A.R. (Sociedade Altruísta Responsable) permitiulle colocar unha vala publicitaria ao entón alcalde nun solar. Despois de ser denunciado, porque estaba a ser iluminado cus focos que estaban conectados ao alumeado público, esta Sociedade permitiulle enganchar ao seu contador.  Din, os que nunca poden estar calados, que nesa leira que só daba para dúas vivendas fixéronse tres. Tamén dixeron que non retiraron os metros suficientes dende a estrada. Mentireiros!!

Como non podía ser menos nesta campaña electoral , esta S.A.R. cédelle o espazo doutra leira ao agora alcalde, para colocar unha vala publicitaria. E volven a dicir os maldicentes que nesa leira, que está fora de ordenamento urbano, alguén permitiulle facer obras de explanación, movementos de terra e cimentación. Falacias de faladoiros!!

E … a culpa de que é?
Hai quen está tan acostumado a escoitarse a si mesmo, que acaba crendo que todo o que lle pasa pola súa testa é certo e esta a ocorrer.

Erra!, pero dálle igual. O primordial ven ser buscar a alguén a quen botarlle as culpas. Non lle importa nada  máis que salvar a súa imaxe.

E claro, a realidade é teimuda. Agora problema é a ampliación do colexio, maña será outro. Mais a preocupación será atopar a quen culpar da situación.

Cando se pecharon as escolas de Cervás e Caamouco a Conselleira de Educación era do PSOE. Non se moveu un dedo para evitar o peche. Xa había quen estaba a dicir que o colexio quedábase pequeno, que os alumnos estaban en precarias condicións, pero nada …. calquera cousa menos molestar á colega de partido.

Cando cambia o goberno da Xunta, e a Conselleira ven ser do PP, decátase do problema. Arremetese contra a Xunta e esíxelle a ampliación do Colexio.

Alguén lle apunta que o colexio non se pode ampliar sobre solo rústico. Pero nada, nin caso. Hai que esixir a ampliación a toda costa.

Agora resulta que a alternativa é a de facer unha chapuza que non vai dar solución aos problemas nun futuro inmediato. Unha ampliación raquítica sobre o único solo urbano da parcela do Colexio.

Pero é igual, o caso é apuntar a culpabilidade a calquera outro.

Pois ben todo isto tería unha solución satisfactoria de terse elaborado un Plan Xeral de Ordenación Urbana.

Pero non hai problema, tampouco será culpa súa. Dirá que non contaba co respaldo suficiente dentro da Corporación para sacalo adiante, e que polo tanto xa non o intentou.

Colofón: A culpa é dos electores por non darlle unha maioría absoluta. Ou non?. Porque de terlla dado, tamén teriamos a culpa, por non saber elixir!

Que Alcalde máis sufrido!.

O PensionaZo
Xa sei que vou contracorrente. Mais non cesarei en postular por outro modelo de financiamento do que no último terzo de século pasado veuse en chamar “Estado de Benestar”, maiormente na vella Europa.

O debate sobre o futuro da pensións está sendo furtado á sociedade. Só quen ten acceso aos “multimedia” poden falar e, fano tan “doutamente”, que un acaba por pensar aquilo de que onde estaban estes clarividentes que non foron capaces de se anticipar ao crac económico.

Non vou ser eu quen negue a lexitimidade dos nosos representantes nas Cortes Xerais, por moito que non poda asumir a Lei electoral. Non é iso. Pero tampouco é de recibo o feito de que a gran reforma do Estado de Benestar se estea a facer sen que os partidos políticos teñan presentado as súas propostas ao corpo electoral.

Na votación no Congreso sobre o informe do Pacto de Toledo e as súa recomendacións para garantir as prestacións das pensións no futuro, quedou claro que é de ESQUERDAS e quen de DEREITAS. Fixeron bo o refrán de que polas súa obras os coñeceredes. A oposición as reformas recomendadas so foi exercida polos únicos partidos que están a facer unha política de esquerdas.

Non é un tema banal. O financiamento dos servizos á sociedade depende da visión que do reparto da riqueza se teña.

Hai que ve ben que cada quen se costee directamente dos seus petos á Educación, a Sanidade, as pensións, etc. A acción do Estado alcanzaría como “esmola” a aqueles que non puideran financiarse e as prestacións non serían da mesma “calidade” que os que as teñen por telas financiadas.

Fronte ao anterior outros vemos a necesidade de que o Estado garanta a toda a cidadanía un servizos de “calidade”. O seu financiamento deberían correr a cargo de impostos directos, e dicir, aqueles que teñen en conta a capacidade contributiva. Se alguén a maiores que ter un servizo “diferenciado” que o pague do seu peto.

Isto último, mais ou menos, é o que está a suceder co financiamento da Sanidade e da Educación. Máis cumpre tamén facelo co tema das pensións.

O Futuro das pensións, dende unha visión de ESQUERDA, debe pasar polo financiamento a través de impostos directos. Non vou repetir o xa expresado na entrada anterior: A esquerda esquecida…

Ao final,os que provocaron a crise, son os que van a negociar cos aforros das nosas pensións. Coido que é par preocuparse …

A última reforma das pensións camiñan dentro da filosofía da DEREITA, e non vai ser a última reforma, de non cambiar a filosofía seremos engulidos pola voracidade dos “mercados”.

Todo o que non sexa andar polo camiño da esquerda nos levará a un maior distanciamento social, os ricos serán máis ricos e os pobres moitísimo máis pobres. E quero recordar, que neste mundo, o non ter un traballo digno convértenos en pobres.

Cousas de vellos (II)
Contábame a miña avoa que houbo un tempo, moi botado de menos por algúns, nos que o chamado “Estado do Benestar” era un sono. Había quen o tiña todo. Non só no aspecto económico, tamén posuían o poder político-relixioso-militar. Un poder total e absoluto que abranguía ata cada recuncho “tanto do corpo como da alma”.

Naquel “modelo social” os cidadáns tiñan obrigado todo aquilo que non estaba a ser prohibido. Non había dereitos que puideran se exercitar, sómente a “súplica” podía ser exercida, baixo a “gracia de Dios” e tamén sempre que “…Dios guarde a Vd. muchos años”. A administración facía seu o vello refrán “para os inimigos a Lei, para os amigos o favor”.

E todo isto só era aplicable para a metade da poboación, aos homes. As mulleres quedaban sempre sometidas á tutela. De ser solteiras ao pai, de casar ao marido, que tamén era chamado “cabeza de familia”. Ao igual que na Idade Media cando os habitantes dun territorio quedaban vinculados ao mesmo e eran transferidos cando eles. Así quedaban as mulleres sometidas ao varón.

O papel das mulleres era o de ser escravas dos seus pais ou maridos. Eran adoutrinadas pola “única relixión verdadeira: católica, apostólica e romana” que as relegaba a ser “boas esposas e mellores nais”. A través da Sección Feminina a muller era formada para que actuase como repouso acolledor do home e para ser o elemento eficaz da educación dos seus fillos orientado a un mellor servizo a Deus e á súa patria.

Para que a estratexia de adoutrinamento funcionase cumpría unha formación previa e unha cultura mínima. Outro aspecto capital do ideario da sección feminina era o referente á educación relixiosa. Por riba de todo está o ensino do nacional-sindicalismo e a doutrina de Cristo. As afiliadas debían prestar obediencia aos principios relixiosos de submisión respectuosa e amorosa da Xerarquía da Igrexa (cuxas direccións e consellos serán sagrados para elas), tamén a orientación das rapazas e mulleres cara á parroquia como casa onde todos os cristiáns deben ver un fogar, e por último, unha preocupación especial pola liturxia, oración auténtica da Igrexa.

Non podían abrir unha conta no banco, establecer un negocio, traballar fora da casa sen o permiso do seu marido ou pai.

Unha vez, e isto contoumo meu avó, alguén preguntoulle a miña avoa:

- E éste –ollando para o meu avó-, ha ser o teu home?

- Que máis quixera! –chimpoulle a miña avoa-

- Ah! Pois eu pensei ….

- Non neniña non -cortoulle a avoa-, eu sonlle a súa muller. Se fose da miña propiedade venderíao e faríame feliz. Levaríao á feira, poríalle dez pesos en cada man e pediría un peso por todo o lote.

- Pois vaia xoia has ter…!

- Ai, miña nena, quen ten un home e o perde gaña a “maioría de idade”.

Pois así lle era. Só as viúvas tiñan algo de «capacidade de obrar» sen a tutela dos homes ou pais.

“Agora é cando, Galiza é onde”
Agora é cando. Este é o momento de irmos a Folga Xeral. Non podemos deixar pasar esta semana sen mobilizarnos. Nesta semana o Congreso someterá a votación unha nova reedición do Pacto de Toledo e o Goberno de España decretará a Reforma das Pensións.

Galiza é onde se pode artellar unha Folga Xeral. Non ha ser culpade quen convoca onde pode, que esta non puidera ser convocada en todo o Estado, ou incluso en toda Europa. A C.I.G. pon a ferramenta aquí en Galiza, porque é onde pode. Os que se opoñen son os mesmos que teñen capacidade para facer unha convocatoria a nivel de Estado. Pero non queren.

Usemos logo esa ferramenta para a defender os nosos dereitos.

Todos e todas á FOLGA XERAL o día 27 de xaneiro