En Caamouco.Net

Público ou Pubiano?

amo proteccHai quen confunde o público co pubiano. Así aconteceu cando o noso Sr. Alcalde ditou resolución pola que se autorizaba o pagamento dun curso realizado por el mesmo, no que se podía ler “Curso de liderazgo púbico”. As 1.500 euros da matrícula houbo que engadirlle o aboamento polos desprazamentos e dietas a Madrid.

Parece ser que despois da renuncia á dedicación exclusiva da Alcaldía non lle saen as contas. Non lle chegan os cartos do seu salario de profesor e as indemnizacións que cobra por asistencia a cada reunión do Concello. Pintaban mal as cousas xa que os da nova política prometeran baixarse as percepcións por desempeño de cargo público. Pero isto durou ata que alguén tivo a solución: aumentar o número de reunións da Xunta de Goberno ao mes, de catro pasan a cinco, unha suba de máis de 200 euros ao mes para cada un dos seus integrantes que non cobren dedicación exclusiva. Ler Máis Público ou Pubiano?

PXOM: A vida segue igual …

PXOM_001O pasado día 3 de abril rematou a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas por ter transcorrido o prazo máximo de dous anos que establece a Lei.

Nada se sabe das máis de 600 reclamacións que os veciños e veciñas de Ares teñen presentado e nada se sabe do seu estado de tramitación.

O Concello segue sen planeamento urbanístico, e van xa trece anos, dende que o Tribunal Supremo anulase o PXOM no 2003 ao confirmar a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Moitas foron as promesas, pero a realidade é que temos a dubidosa honra de ser un dos 42 concellos de Galicia que estamos sen planeamento. Ler Máis PXOM: A vida segue igual …

Soldadas e soldazos

CantoeraNon serei eu quen me opoña a que os nosos representantes políticos perciban unha remuneración digna polo desempeño das súas funcións. Xa sei que dicir isto é nadar contracorrente, pero soster o contrario é propiciar que só nos poidan representar os que vivan de rendas.

Pero a demagoxia non ten cancelas. Asistimos ao anuncio do Alcalde de que vai renunciar ao seu salario como tal porque “no corren tiempos para vivir de la política”. Ler Máis Soldadas e soldazos

Cumprindo coa Lei?

legalO pasado 10 de agosto apareceu pendurada da páxina web do concello a nova de que “O Concello de Ares cumpre co obxectivo de estabilidade presupuestaria”. Deben de correr tempos peores que malos cando un concello anuncia a bombo e prato que está a cumprir coa Lei.

Baixo o titulo anterior se desenvolve a gran noticia de que o concello cumpre coa estabilidade presupostaria e tamén co obxectivo de sostibilidade financieira. En resume, que ante os datos remitidos ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o citado organismo di que se está a cumprir coa Lei. Ler Máis Cumprindo coa Lei?

Pose mediática, rexeneración política e indignidade

sermos01Confeso que descoñezo os contidos do “Manifiesto para la regeneración democrática”, que IU presentara publicamente a comezos do pasado mes de Febreiro, pero supoño que algo contemplaría ao respecto da necesidade de recuperar a confianza da cidadanía nas organizacións políticas con práticas que primen a ética sobre a estética. Falo, por suposto, de tentar non substituir o traballo social e político pola simple pose mediática. Ler Máis Pose mediática, rexeneración política e indignidade

Botarlle a Oficina de Turismo á Chave

Oficina TurismoCando se goberna sen programa, a golpe de mata, e se ten como única finalidade ostentar o poder, sucede que a improvisación faise dona de todas as actuacións e o clientelismo aflora como a ferramenta máis acaída.

Lembremos o local preparado no seu día para Servizos Sociais, que logo houbo que volver a gastar cartos en adecualo para a Policía Local. O antigo edificio do Concello, que nun primeiro momento ía ser para facer de consultorio provisional en tanto se facían as obras de ampliación do Centro de Saúde, pasou por albergar a Policía Municipal, Protección Civil e algunha sociedade cultural, para logo volver a gastar cartos en adecualo para local da Terceira Idade. Ler Máis Botarlle a Oficina de Turismo á Chave

Para cándo o Centro de Saúde? (2)

Recupero o artigosergas_atencion_primaria_800 de outubro de 2009, xa que seguen sen comezar as obras de ampliación do centro de Saúde. Se ben é certo que hai incumprimento por parte da Xunta (PP), non é menos certo que tamén hai complicidade do equipo de goberno do concello (PSOE). So así se explicarían as notas de prensa dende a Alcaldía na que se chegou a dicir que ían comezar as obras de adecuación no antigo concello para facer de consultorio provisional, para logo facer obras no edificio para darlles outro uso.

Ao final xa cantaba Julio Iglesias aquelo de que “La vida sigue igual ….” Ler Máis Para cándo o Centro de Saúde? (2)

PXOM (Plan Xerador para a Obtención de Mandato)

ladrilloAnte a polémica dos diversos comentarios sobre as “excelencias” do Plan Xeral de Ordenación Municipal, e non sendo probable que se publique na web do alcalde, perdón do Concello, paso a reproducir literalmente o informe da Xunta. Hai que saír do obscurantismo informativo que practica o “desgoberno” PSOE-NAL con respecto ao Plan de Urbanismo. 

O texto resaltado en negrilla, aportación propia, suple os meus comentarios.  Ler Máis PXOM (Plan Xerador para a Obtención de Mandato)

Unha mácula

BrocaSinala M. France Irigoyen que por acoso no lugar de traballo hai que entender calquera manifestación dunha conduta abusiva e, especialmente, os comportamentos, palabras, actos, xestos e escritos que poidan atentar contra a personalidade, a dignidade ou a integridad física ou psíquica dun individuo, ou que poidan poñer en perigo o seu emprego, ou degradar o clima de traballo. Ler Máis Unha mácula

Búnkering: unha marea negra silenciosa

barcogasofaA partires do vindeiro sábado unha gabarra e Cepsa, adxudicada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, subministrará combustible a buques en fondeo na Ría de Ares. Este servizo de búnker (ou búnkering) consiste na subministración de combustible a un buque, operación que puidera realizarse por canalización, aparato surtidor, camión -ou como neste caso- mediante unha gabarra. A gabarra ‘Monte Arucas’ fondeará preto do porto de Ares, cun ratio de bombeo de 600 metros cúbicos á hora para fueles e 250 metros cúbicos para gasóleo. Parece ser que hai 3 operadoras máis que están interesadas en prestar este servizo aos buques. Ler Máis Búnkering: unha marea negra silenciosa