En Caamouco.Net

Desalmados

Desalmados_terra e tempoA traxedia que a Galiza está a vivir e a dor que partillamos con todos os galegos e galegas que, como nós, a senten como propia, non poden nin deben impedirnos ver realidades que abrollan con forza. Singularmente porque o accidente do comboio en Compostela veu pór ao descuberto, máis unha vez, a inmoralidade e a indecencia política dos dirixentes do Partido Popular e dos seus sicarios mediáticos. Ler Máis Desalmados

Moitos heroes e algún vilán

Praza PúblicaO 24 de xullo de 2013 será lembrado durante moito tempo como un día de dor e de fonda tristura, polos falecidos, feridos, os seus achegado e familias. Eles e elas son as protagonistas. Tamén será lembrado polo impacto causado polo accidente nunha cidade ateigada de xente, en véspera da festa nacional de Galicia.

 E será lembrado tamén pola acción desinteresada e o traballo de moitas persoas e colectivos, dende os veciños de Angrois que asistiron aos pasaxeiros nos primeiros momentos até todos os traballadores e traballadoras dos servizos públicos: sanitarios, policia ou bombeiros, pasando polos centos de persoas que acudiron de contado ás chamadas que pedían que se realizasen doazóns de sangue.  Ler Máis Moitos heroes e algún vilán

In memoriam

Crespon_01Ese alguén de meu que nunca volve
á auga da infancia
sin saber saír do laberinto.
Ese que é outro home que eu levo
derrubado sobre min
ou como a hedra 90 carballos abraza.
Ler Máis In memoriam

Quo vadis domine?

Escribiu o empirista inglés Locke: “Se o coñecemento que temos das nosas ideas remata nelas sen chegar máis alá, cando apuntan intencionalmente a algo exterior, os nosos pensamentos máis serios non terían apenas máis utilidade que os sonos dun cerebro alporizado […] que ve claramente cousas no sono”.

Esta frase parece ben acaída para poder entender certos “resplandores de opinión” dalgún alcalde, que segue sen aplicarse o conto.

 É insólito que o alcalde, que di ser socialista, dun concello case quebrado economicamente para máis datos, se permita gobernar cun ex-portavoz municipal do PP ao que lle dou unha delegación e unha contratación de persoal (máis de 25.000 euros ao ano do erario público) a cambio de  ….. (silencio!). Ler Máis Quo vadis domine?

Inmundicia esquizofrénica

InmundiciaSe a xustiza existise ninguén podería ser apartado dos seus dereitos impunemente. Por iso, hoxe temos que lamentar que se impida a cidadáns o exercicio dos seus dereitos cívicos. Non son poucos os que desprestixian a labor pública dos cidadáns. Aproveitan a marea para dicir que tódolos políticos son iguais e que hai que acabar con eles, esta frase última escoitada outrora aos feixistas. Ler Máis Inmundicia esquizofrénica

Dilixentes e dilixencias

Ataudes01

José de la Cavada, responsable de Relacións Laborais da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), parece que quere facerse notar diante do proceso electoral que a Gran Patronal esta pronta a comezar.

Así, nin corto nin preguiceiro, soltou un exabrupto dos que xa nos ten acostumados: “O Estatuto dos Traballadores fíxose pensando que as viaxes se fan en dilixencia, pois se dan catro días para un permiso por defunción que, evidentemente cos vehículos que hai agora, se trata de horas de desprazamento, ou ás veces dunha hora”. Ler Máis Dilixentes e dilixencias

PSOE 12 – NAL 5

praiasUnha vez máis vemos como o anuncio das BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 17 PEÓNS PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA DE PRAIAS VERÁN 2013 se publican un venres.

Se establece un prazo para presentación de solicitudes dende o mesmo día da publicación (14) ata o día 19, cinco días dos que un faise coincidir con sábado e outro con domingo. Temos pois, que hai realmente tres días hábiles para conseguir a documentación e presentala, xa que o sábado só hai rexistro. Algún xa non nos podemos crer que sexa casualidade de que sempre se faga o anuncio un venres e se poña o prazo mínimo de 5 días.

Ata aquí mal, pero como sempre; mais esta vez superáronse. Non se publica o baremo co que se vai a proceder a selección das cincuenta puntuacións máis altas, só se definen os criterios que van ser tidos en conta pero non os puntos que se poden acadar en cada un dos apartados: Ler Máis PSOE 12 – NAL 5

(U)nha (D)un (C)oncello Insolidario

Meses atrás, dábase unha volta de rosca máis na aplicación das políticas de dereitas no noso Concello. O desmantelamento dos servizo sociais chegaba ao seu cénit coa indecencia de aplicar uns prezos públicos polo servizo de axuda ao fogar que incumpre coas normas da Xunta para á súa determinación. Ler Máis (U)nha (D)un (C)oncello Insolidario

Manifestación en apoio á nosa lingua propia

folleto017mO noso idioma,  o galego, é a base fundamental sobre a que nos sustentamos como pobo. Se deixamos que esa base se estrague,  todo canto se apoia nela, a nosa esencia como galegos e galegas, abaneará como a terra nun sismo devastador.

Porque non queremos ser estranxeiras na propia patria, atopamos motivos abondo para nos mobilizar este 17M, entre eles: Ler Máis Manifestación en apoio á nosa lingua propia

Contratacións de emprego (I)

 

Unha vez máis, aparece unha listaxe de novos postos de emprego xerados nas últimas semanas e, casualmente, todas as persoas que “obtiveron” esas prazas teñen algo que ver “directamente” co PP.

  Ler Máis Contratacións de emprego (I)